Fálame de San Sadurniño

Iniciativas

Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.

test

"Miradas Novas". Así se fixo

San Sadurniño, 2014

O sábado 7 de marzo do ano 2015, a galería da Casa do Concello acolleu a presentación da exposición fotográfica "Miradas novas". A mostra está composta por fotografías realizadas por 23 mulleres -de ata 88 anos- que participaron no "Obradoiro de fotografía" realizado pola Aula Cemit e o Departamento de Igualdade coa colaboración, moi especial, de Gabriel Tizon.
A maioría delas nunca empregaran unha cámara, polo que as fotografías desta exposición móstrannos o interesante exercicio que fixeron de "mirar de novo" a súa vida cotiá, a través dunha máquina de retratar."O resultado son 23 instantáneas 30x40 que reflicten a vida como postais naïf do territorio e da súa xente. Tendais con roupa abaneada polo vento, cans solitarios que desafían a cámara, composicións caprichosas de obxectos aparentemente insignificantes, retratos, mans curtidas polo tempo e o traballo, a paisaxe... todo ten cabida nestes pequenos fragmentos da realidade capturados e elixidos polas propias fotógrafas rompendo o medo á tecnoloxía e co valor engadido da naturalidade visual".Da web do Concello.
O vídeo amosa o proceso da experiencia e o balance realizado polas protagonistas desta iniciativa que celebra o Día da muller no Concello de San Sadurniño. A exposición pode visitarse ata finais de marzo na galería do Concello.
.

<i>"Miradas Novas"</i>. Así se fixo
"Miradas Novas". Así se fixo
Imprimir | Ampliar

Todas as imaxes:

Comentarios

Víctor

2015-03-08 14:24:45

Que bonito. Non a vou poder ir ver porque estou un pouco lonxe pero que ganas de ir ver esa exposición. Que ben que fagades estas cousas, que ben que collades as cámaras e nos ensinedes o mundo á vosa maneira. Moitos bicos para San Sadurniño.

Alejandra

2015-03-10 08:32:21

Noraboa a todas as persoas que participaron neste marabilloso proxecto e, de maneira moi especial, a esas mulleres valentes que non perden a ilusión por aprender e enfrontarse a novos retos. O resultado só ten un calificativo... FERMOSO!!

Máis imaxes

Temas: creador@s, muller, San Sadurniño (Concello), vídeos, xente