Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"A Rubiña"

A Rubiña, San Sadurniño, 1942

A poetisa María Teresa Pouso naceu na Rubiña en 1942. Casou en 1962 con Manuel López Lagoa e tres anos despois emigrou ao Uruguay, retornando no 1968. Xa dende nena amosou dotes artísticas no debuxo, pintura, poesía e teatro. Na escola formaba parte do grupo de teatro, participando nun gran número de obras. Nos anos mozos escolle a poesía e a pintura como medios de expresión das súas experiencias persoais e sociais. Podemos ver colaboracións artísticas de María Teresa Pouso no "Pumariño", "Saturnal" ou nas revistas da Feira da plantación.
Nesta ocasión María Teresa recita "A rubiña", un poema do seu libro "Cousas do corazón", ambientado no lugar onde aconteceron as primeiras vivencias da poetisa de San Sadurniño

  • "A Rubiña"

  • Teresa Pouso na praza de San Sadurniño

  • Teresa Pouso en San Sadurniño (2015)

  • A Rubiña

  • Portada do libro "Cousas do Corazón"

  • Exposicion pinturas

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: muller, emigración, San Sadurniño (parroquia), xente, pintura, poesía, creador@s

Autor/a: María Teresa Pouso López

Compartir en: