Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

"A desfeita"

Casal, San Sadurniño, 1972

O gran Ramón Díaz Raña volve a deleitarnos con outra viaxe pola historia recente de San Sadurniño. Nesta ocasión debulla polo miúdo a serie de reformas no mosteiro do Rosario polas que pulou no seus vertixinosos anos como párroco; así pois, podemos ler a historia do camiño que arrodea o Convento (na foto), a reforma da esquina norte, a eliminación do recebo de cal das paredes da Igrexa ou o amaño do Salón Parroquial, onde traballaba a carpintería do que tamén fora alcalde no 1944 Emilio Vigo, a quen Ramón evoca cunha agarimosa lembranza.
O relato comeza así:
- “Teña presente a súa Reverencia que se lle acusa de ser un estragador do Patrimonio”
Máis dunha noite, desas en que o sono me levaba de paseo por “de profundis” e me facía ver o subconsciente, matinei que me arrastraban ao xulgado para responder das desfeitas e mordidas que lle din ao edificio do mosteiro e arredores. A acusación era esa. A sentencia aínda non saíu. Intentarei explicarme para que se me rebaixe a pena e teñades compaixón deste pobre inocente...."

Continuar lendo a historia.

Non perdades esta nova proba do estilo brillante e retranqueiro de Ramón, porque ides gozar con este relato humanista que aporta luz á pequena historia de San Sadurniño.
Na fotografía do Arquivo municipal podemos ver ao fondo o antigo muro adosado ao edificio do Mosteiro ao que se refire Ramón no seu texto.

  • "A desfeita"

  • Vista da esquina Norte do Mosteiro do Rosario, refeito a comezos do anos 70

  • Vista do exterior do convento

  • Vista do convento desde o adro

load

Documentos:

"A desfeita" por Ramón Díaz Raña

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Convento do Rosario, cruceiros, igrexas parroquiais, patrimonios, San Sadurniño (parroquia)

Autor/a: Ramón Díaz Raña

Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño

Compartir en: