Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Homes"

Ferreira, Naraío e Bardaos, 2015

2ª Chanfaina'Lab (7). Estrea venres, 1 de abril do 2016
Directora: Diana Toucedo.
Dirección de fotografía e cámara: Iván Castiñeiras
Deseño de son e mesturas: Oriol Gallart
Colorista: Lara Vilanova.
Coa participación de: Matilde Piñón (Naraío); Marisa Durán e Cruz Piñón (Ferreira); Otilia Vigo e Marina (Bardaos)
Sinopse: "Os actos dos homes en vida configuran a nosa Historia. Pero... en qué momento da nosa vida perde un a súa propia?. Moitas das mulleres que esperan hoxe no interior das súas casas, das súas cociñas ao home que marchou, ao fillo, ao pai... manteñen unha ferida aberta que nunca se pechou. Suspendidas do tempo, latexan incansables na espera. A morte ou elas".
Duración: 10'20”
Gravada nos días 5 e 6 de setembro do 2015 en Ferreira, Naraío e Bardaos dentro do programa da Chanfaina' Lab.
O filme poderá verse en canto remate o seu periplo por festivais especializados.


Nada en Redondela (Pontevedra), Diana Toucedo é unha cineasta de sólida formación e traxectoria a pesares da súa xuventude. Foi alumna e agora profesora na ESCAC de Barcelona. Na súa actividade profesional alterna traballos como montadora para outros creadores como Isaki Lacuesta en "La noche que no acaba", con proxectos persoais onde desenvolve temas e historias propias, moitas delas relacionadas co paso do tempo e o diálogo entre pasado e presente a través de imaxes, persoaxes ou a propia paisaxe, como en "Ser de luz" (2009), "Imágenes secretas" (2012) ou a longametraxe documental "En todas as mans", onde aborda a problemática dos montes comunais. Actualmente anda embarcada na finalización da súa segunda longametraxe documental titulada "Trinta lumes" sobre o devalar da vida no Courel.

A xénese de "Homes" comeza tras da lectura dun artigo publicado en Fálame de San Sadurniño , "Mortos en combate en 1938": "Pareceume sorprendente a listaxe de mortos ou desaparecidos da Guerra Civil nun pobo tan pequeno como San Sadurniño, e decidín partir desta ferida aberta da nosa historia, mais dende o punto de vista feminino e centrala no ámbito das mulleres ás que normalmente non se lle da voz nestes temas. Escollín a cociña como núcleo doméstico da casa, como o centro neurálxico da muller no rural que agarda novas dos ausentes, porque non saben si o seu pai ou fillo aínda están vivos ou onde poden estar os seus corpos mortos. Ao mesmo tempo tento explorar esa capacidade que ten o cinema de que un tempo pasado poda tornarse presente. Os tempos e a historia son revisábeis e revivíbeis en certa medida como tento facer neste filme, grazas a recursos como a utilización das transparencias das mulleres -case fantasmais e suspendidas no tempo- que agardan na cociña".

Así pois, dispoñámonos a visionar "Homes" sen pensar demasiado, pois o filme invítanos mais ben a sentir, a deixárense levar, a poñerse no sitio destas mulleres e experimentar como espectadores/as o que puideron sentir cando agardaban novas dos seres queridos, ausentes por unha guerra non desexada e inxusta. Situacións de incerteza que aínda segue aberta e sen resolver nalgúns casos -a pesares dos anos transcorridos-, unha ferida endexamais cicatrizada, mais que continúa a sangrar noutros lugares e tempos do planeta como na guerra de Siria hoxe... "É cuestión sentir e non de pensar" afirma a cineasta Diana Toucedo para condensar esta gran historia universal contada dende as humildes cociñas das aldeas de San Sadurniño.
"Homes": fotografía e silencio ao servizo da lembranza

  • "Homes"

  • Diana Toucedo

  • Diana e Miguel Mariño no xantar da Chanfainalab

  • Ivan Castiñeiras en animada charla co parroco de Naraío no xantar da Chanfainalab

  • Marina na súa cociña de Bardaos.

  • Cruz Piñón na ventana da súa cociña de Ferreira

  • Otilia na súa cociña de Bardaos

  • Matilde Piñón na súa cociña de Naraío

  • Iván Castiñeiras iluminando

  • Preparando o plano na cociña de Marisa en Ferreira

  • Diana falando coa súa actriz, Otilia de Bardaos

  • Cruz Piñón na súa cociña preparando membrillo

  • Marina na súa cociña de Bardaos lista para actuar

  • Diana tamén agarda...

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: cinema, Chanfaina'Lab, conflitos, guerra, muller, vídeos, visitantes, Ferreira, Bardaos, Naraío

Autor/a: Diana Toucedo

Vídeos:
Ser de luz
Imaxes segredas (Trailer)
En todas as mans (teaser)

Compartir en: