Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

Deportes

En San Sadurniño existe unha longa tradición en numerosas actividades deportivas organizadas por Asociacións ou polo Concello. Nomeadamente pola historia futbolística do CF San Sadurniño ou UDC Narahío que leva xa mais de 40 anos en funcionamento e os actuais equipos de fútbol masculino e feminino. Mais tamén noutros deportes como o equipo de voleibol "Aldebarán Intasa" que xoga na Super liga da Real Federación Española de Voleibol; o clube ciclista Biela e Chaveta e o clube de danza e bale moderno "Brío". O campo de tenis do Pazo da Marquesa probablemente sexa un dos mais antigos de Galicia

Homenaxes á marquesa e o campo de futbol

San Sadurniño, 1946

En 1946, o ano no que a ONU condena ó réxime de Franco “polo seu carácter fascista”, Natividad Quindós, Marquesa de San Sadurniño e Duquesa de la Conquista vai cumprir xa 85 anos; Pasa uns días no Hotel Atlántico de Coruña e nun xesto patriótico, a comezos de setembro de 1946 decide doar un solar na Bidueda, entre Bidueiro e a carreteira a Ferreira, para “facer un campo de fútbol” en San Sadurniño. O terreo ten unha extensión de 9.425 metros cadrados. Como ela mesma afirma “me preocupan mucho las almas de los jóvenes … deseando salvar esas almas, hago propietario al Sr. Cura de San Saturnino que hoy lo es D. José María Gavín …. Se convierta en una Sociedad deportiva para que acudiendo la juventud, se eviten las malas compañías y las tabernas”. Quen queira coñecer polo miúdo a historia da doazón dos terreos pode ler o magnífico relato escrito por Ramón Díaz Raña, "A verdadeira historia de Currás".
A corporación municipal presidida por Perfecto Calvo Fernández decide facerlle unha homenaxe polo xesto de xenerosidade, o día da súa onomástica, o 8 de setembro de 1946, quizais unha das derradeiras ocasións nas que visite o seu querido Pazo. Os actos comezaron cunha misa na igrexa parroquial coa participación do coro do "Consejo Ordenador" dirixido por Manuel Pérez Fanego. Déuselle unha placa de agradecemento e unhas palabras do párroco José María Gavín.

Catro anos mais tarde, nun pleno extraordinario celebrado o 2 de setembro de 1950, o alcalde Emiliano Calvo, tamén quere homenaxear á marquesa co nomeamento de “filla adoptiva” de San Sadurniño e colocar o seu retrato no salón de actos municipal; no mesmo pleno outórganlle a mesma distinción ao ministro de Traballo, o falanxista Rafael Girón de Velasco.
Nese campo deportivo, denominado "La marquesa", agromarán os primeiros equipos "oficiais" de fútbol do concello, nomeadamente a "SD Sansa". O equipo foi ranqueando ao longo do tempo, igual que o campo de xogo, que estaba semiabandoado e con problemas irresolúbeis de augas na pantanosa parte sur. A empresa "El cisne" mercou o terreo para ampliar a factoría de conservas en outubro de 1985. O párroco de San Sadurniño, Ramón Díaz Raña púxose á tarefa de convencer a varios propietarios para mercarlles terras en Currás, ata que no 1989 o Bispado ofreceullos ao Concello para construír o novo campo de fútbol na "Area recreativa de Currás". O campo será inaugurado oficialmente en 1999.

No ano 2014 o cineasta Xurxo Chirro evocou "La marquesa" como espazo da memoria colectiva no filme "Ao patadón".
Mais historias de Natividad Quindós, marquesa de San Sadurniño

  • Homenaxes á marquesa e o campo de futbol

  • A marquesa no Hotel Atlántico (21-7-1946)

  • Patrocinio do campo de futbol. (La Noche 4.9.1946)

  • Homenaxe á marquesa. (La Noche, 12.9.1946)

  • Solar doado pola marquesa para campo de fútbol en 1946

load

Documentos:

Sesión extraordinaria do concello de San Sadurniño de 2 de setembro de 1950
Vontade de doazón dun terreo para que xoguen ao futbol os nenos de San Sadurniño (1.9.1946)
Escritura pública de doazón dun terreo para campo de fútbol (20.2.1947)
"A verdadeira historia de Currás" por Ramón Díaz Raña (2017)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: deporte, San Sadurniño (Concello), Pazo da Marquesa, fútbol

Vídeos:
Ao patadón

Compartir en: