Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Historia do Cisne, o atún e a troita"

Bidueiro, San Sadurniño, 2017

4ª Chanfaina Lab (9). Estrea: venres 6 de abril do 2018.
Imaxe e dirección: Carmen Bouza, Carmen Couce, Consuelo Picos, Cruz Piñón
Produción: Carmen Bouza, Carmen Couce, Consuelo Picos, Cruz Piñón e Lucita Pita
Montaxe: Carmen Suarez.
Colaboradoras: Isabel Fernández Bouza, María José Tembrás, Mariluz Tembrás,
Música: "Mis noches sin tí" de Olga Choréns
Sinopse:"Historia en clave feminina sobre o nacemento, funcionamento e final da conserveira "El Cisne", unha importante factoría na que traballaron preto de 200 mulleres entre 1986 e 1995 en San Sadurniño
Duración: 11'
Gravada nos arredores da antiga fábrica de El cisne en San Sadurniño, dentro do programa da 4ª Chanfainalab.


Carmen Bouza (Lamas 1948), Carmen Couce (Lamas 1949), Consuelo Picos (Igrexafeita,1945), Cruz Piñón (Ferreira 1953) e Lucita Pita (Naraío, 1937), veteranas colaboradoras en "Fálame", crearon o proxecto "Teño unha horta en San Sadurniño" no ano 2015 co obxectivo de difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo. Na súa canle de Youtube- arredor de 60 vídeos publicados- dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais da agricultura galega. O proxecto acadou un grande éxito mediático -375.911 visualizacións- e xa recibiu unha morea de premios e recoñecementos como o "mellor web serie en VO" no Carballo Interplay, "Mellor vídeo-opinarmos" en Youtubeir@s, ou o premio como "mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores", outorgado pola fundación DomusVi.o de Madrid entre outros moitos recoñecementos e considerado xa como un referente na rede.

As cinco mulleres de "Teño unha horta" xogan en casa, coñecen ben o territorio, e teñen demostrado dabondo o seu bo facer coas cámaras dos seus teléfonos móbiles. Tamén colaboraron nas anteriores edicións da Chanfainalab axudando aos cineastas no que podían, dende a localización e produción ata o reparto e interpretación. Pero nesta edición animáronse a participar como cineastas. Porén, a organización púxolle un pequeno atranco: a peza producida non podería estar relacionadas coas hortas. Así que, despois de darlle unhas voltas, decidíronse por lembrar unha fábrica que funcionou en San Sadurniño de 1986 ata 1995 na que traballaron preto de 200 mulleres da contorna. O lector interesado pode achegarse á súa historia en Inauguración de "El cisne" e o seu traumático remate en O final do Cisne. Durante varios días apelaron ás redes sociais, procurando información gráfica ou escrita e entrevistando á antigas traballadoras da factoría para, ao cabo, producir esta peza. Como comenta Cruz Piñón: "O cisne pareceunos unha gran historia. Estaba case esquecido, como si isto non pasara no noso concello; quixemos refrescar a memoria das mulleres que alí traballaron: todas mulleres loitadoras; para moitas foi o primeiro traballo con nómina; algunha delas aínda está noutra empresa na mesma nave do Cisne". Maruxa insiste no mesmo: "Esta peli fixémola porque foi algo moi importante para San Sadurniño. Naquela época as mulleres solo traballaban na casa ou no campo. O cisne deulles a oportunidade de ter un traballo, un soldo, porque era moi importante ter un diñeiro gañado por elas". E para Carmen Couce: " A fábrica foi moi importante para o Concello de San Sadurniño, deu moito traballo a moitas mulleres. Eu fun unha delas. Foi o meu primeiro traballo; cando cobrei os meus primeiros cartos voaba de contenta e feliz. De feito, moitos lembran esta época como os "anos do Vespino", porque moitas mulleres puideron mercar unha moto para ir ao traballo".

“Historia do cisne, o atún e a troita” é un anaco de historia viva que representa integramente o concepto do “cine de memoria social”, pois foi deseñado e producido polas propias protagonistas que viviron o relato contado. A peza -gravada cos seus móbiles- aparece vertebrada en tres bloques que aluden á historia do proceso. O primeiro, “o cisne” aborda os comezos da empresa e qué representaba o día a día na factoría. O segundo -o atún- xira sobre a materia prima na que se sustentaba a actividade da fábrica, o enlatado do atún procedente do Océano Pacífico. O terceiro e último bloque -a troita- o detonante que levou ao peche da factoría: a contaminación que provocou a mortandade masiva das troitas do río Xuvia e da súa riqueza piscícola, así como a loita obreira para frear o peche inevitable. Mais as nosas cineastas veteranas insisten sobre todo, no que supuxo aquela experiencia para o empoderamento das mulleres no San Sadurniño dos anos oitenta. Para a organización da Chanfainalab, a participación destas cinco grandes mulleres enche de sentido á nosa actividade. Sentímonos profundamente orgullos@s de contar con elas e animámolas a que sigan a debullar na memoria histórica do concello na edición vindeira.
E como a estas mulleres non hai quen as free, decidiron producir outro filme pola súa conta. E desta vez facendo caso omiso ao solicitado pola organización da Chanfainalab. Trátase da marabillosa "Boniatos no pais do sol poniente" que estreará esta canle o vindeiro 15 de xuño.
Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón.

  • "Historia do Cisne, o atún e a troita"

  • Carmen Couce na Chanfainalab

  • Carmen Bouza, "Maruxa", na Chanfainalab

  • Carmen e Cruz con María Yañez e Carmen Suarez no obradoiro de Memes

  • As mozas de "Teño unha horta no obradoiro de Memes da Chanfainalab

  • Carmen, Cruz e Maruxa no obradoiro de Memes da chanfainalab

  • María Yañez e tres "alumnas aplicadas" .

  • As mulleres no obradoiro de Juan Lesta e Belén Montero

  • Ambiente no obradoiro de Juan Lesta e Belen Montero

  • Maruxa e o gran Abel Vega no obradoiro de edición co mobil

  • Fotografía de grupo do alumnado do Obradoiro de edición

  • As mulleres de "Teño unha horta" na fotografía oficial da 4ª Chanfainalab

  • Cruz, Carmen, Consuelo e Maruxa entrando na "Eira de cineastas"

  • Carmen Couce coas cineastas Lara e Noa Castro

  • Cruz Piñón e Oliver Laxe

  • Carmen Couce, Oliver Laxe e Ana B.Gudin

  • No xantar da chanfaina na AAVV de Lamas

  • As mulleres de "Teño unha horta" no xantar da Chanfaina en Bardaos

  • As cinco grandes mulleres e Manolo González no xantar da Chanfaina en Lamas

  • Carmen Couce preparando unha empanada

  • As mulleres de "Teño unha horta" coas cociñeiras da AAVV de Lamas

  • No xantar na AAVV de Lamas

  • Coa poeta Nuria Vil, a cineasta Anxos Fazáns e Manolo González

  • As mulleres de "Teño unha horta" na estrea mundial de "Historia dun cisne, o atun e a troita"

  • Público na estrea mundial da 4ª chanfainalab

  • As mulleres de "Teño unha horta" presentando a súa peza

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, muller, ríos, San Sadurniño (parroquia), tecnoloxía, vídeos, Chanfaina'Lab, creador@s, empresas agrogandeiras

Autor/a: "Teño unha horta"

Vídeos:
"Así facemos teño unha horta en San Sadurniño"

Compartir en: