Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Fundacion do mosteiro de Xuvia

Narón, 997

A fundación do mosteiro de San Martín de Xuvia, o 15 de maio do 977, terá una grande relevancia no devenir histórico do Sur de San Sadurniño, nas actuais parroquias de Naraío, Igrexafeita e Ferreira. Ao longo dos séculos IX e X agromou a poderosa dinastía nobiliaria "Traba-Froilaz" que herdaron, mercaron, permutaron ou recibiron dos Reis doazóns e agasallos que incrementarán substancialmente o seu patrimonio. O caso foi que, durante a centuria do ano mil, a selectiva familia Froilaz consolidarase como a principal dinastía nobiliaria de Galicia. Os devanceiros da aristocrática familia Froilaz son os fundadores do mosteiro dúplice de Xuvia no século X.
No primeiro documento que se conserva do mosteiro de Narón, a nobre Visclávara Vistráriz, descendente o mítico Conde Arximiro, dona moitas terras pertencentes ao actual concello de Narón “ata San Xurxo de Moeche”. O documento foi asinado diante do notario Diego Braoiliz e o seu irmán Vermudo Vistráriz, ademais do abade e frades do mosteiro. Esta doazón será incrementada substancialmente por outros membros da familia Froilaz durante os seguintes 250 anos. Moitos dos Froilaz serán soterrados no mosteiro de Xuvia. Entre as doazóns no actual concello de San San Sadurniño figuran Ferreira en 1095 e 1125; Naraío en 1114 e 1163. Así pois parte dos servos, vasalos e campesiños libres das tres parroquias do Sur debéronlle fidelidade aos mosteiros da familia Froilaz ata o derradeiro Traba . As restantes parroquias do actual concello de San Sadurniño quedarán baixo da influencia do san Salvador do Pedroso, outro mosteiro dos Froilaz
Na imaxe, recreación da fundación do mosteiro de Xuvia por Visclávara Vistráriz ilustrada por Eva Merlán. E aquí podes facer unha visita virtual ao mosteiro hoxe .

  • Fundacion do mosteiro de Xuvia

  • Mosteiro de San Martín

  • Mosteiro de Xubia

  • Mosteiro do Couto

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: igrexas parroquiais, outros lugares, Naraío

Vídeos:
Visita a un mosteiro dúplice

Compartir en: