Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Forgoselo (Granito)"

Forgoselo, 2015

Chanfaina'Lab (7) Estrea venres, 6 de marzo do 2015
Título: Superfícies: Forgoselo (Granito)
Director: Alberte Pagán
Duración: 4' 10"
Sinopse: "Granito sobre granito. Penedo de Forgoselo refotografado a partir dumha projecçom sobre superfície de granito. Rochas na terra e ceus empedrados."
Gravado na Serra do Forgoselo o 6 e 7 de setembro de 2014 dentro do programa da Chanfaina' Lab



Alberte Pagán é unha figura relevante da cultura galega contemporánea, mais tamén do cinema experimental en España. Poeta, ensaísta -referente no cinema de Andy Warhol -, cineasta e activista político, -sempre disidente-; a curiosidade e o talento de Pagán non teñen límites como se pode comprobar a través da súa prolífica traxectoria en mais de 20 filmes. Son sempre exploracións radicais e persoais que semellan respirar ou ter vida propia; a través delas investiga maneiras, universos, tempos e alternativas de ser ou estar en Galicia, mais tamén nos currunchos do planeta que percorre incansablemente coa súa cámara. Esta peza é a terceira entrega da serie "Superfícies". Pagán, fiel a si mesmo, foi ao Forgoselo e tentou "enxergarse" na súa esencia: a paisaxe do granito. "A image dumha pena na Serra do Forgoselo é refilmada a partir dumha superfície granítica: granito sobre granito. Gosto desses ares empedrados: terra e ceu fundem-se numha aperta pétrea". Un filme experimental e contundente no que "non hai nada que entender", porque vai mais aló da epidermes da paisaxe para devolvernos ao mais telúrico e primitivo da Terra: a textura do granito, a base sobre da que se constrúe o territorio e a historia. "O tremor da cámara nos primeiros planos (provocado polo vento, tamém presente, indirectamente, na banda sonora) serve-nos para discriminar a superfície da image, e a partir de aí construirmos as nossas próprias superfícies". Así pois, sintamos a textura do granito da Serra e deixémonos levar tamén por este punto de vista nos roteiros polo Forgoselo.

"Alberte Pagán é un creador inclasificable. Mira o que quere e como quere sen axustarse a ningunha norma agás a que lle marca o seu interese por retratar a realidade, unhas veces social, outras contemplativa e sempre experimental. O autor achegou ao proxecto Chanfaina Lab a terceira entrega da serie "Superficies", plasmando neste caso o granito do Forgoselo, que se realimenta nunha proposta visual e sonora a xeito de espellos infinitos. Cinema protagonizado por penedos, reflexos, riscos... e moito risco no concepto, entendendo como tal todo o que foxe do comercial ou, polo menos, de todo o que estamos afeitos a ver. Pagán marchou aos ermos do Forgoselo para enchouparse da esencia desta paraxe morada case en exclusiva polo gando, o monte baixo, a rocha e as andaravías. Alí filmou pacientemente as texturas das penas para despois proxectalas nunha superficie granítica, gravándoas novamente para ter a materia prima da súa creación. Granito sobre granito. Luz electrónica sobre luz real captada á súa vez por un aparello electrónico que nos mostra texturas sorprendentes ao compás dos muíños de vento, aproveitados polo autor como metrónomo dun ritmo narrativo case estático no visual". Da web do Concello

  • "Forgoselo (Granito)"

  • Alberte Pagán cavilando . (Foto Amador Lorenzo)

  • Proxeción en Dzine de "Película urgente por Palestina" de Alberte Pagán

  • Alberte Pagán no xantar da Chanfaina'lab (o do sombreiro)

  • Susi, Fer Patiño, Carme, Alberte Pagán e Pablo Portero no Hostal Carballo

  • Imaxe de "Forgoselo (granito)" de Alberte Pagán

load

Comentarios

Alberte

2015-03-07 13:14:14

Bemqueridas chanfaneiras/os, obrigado polo texto tam agarimoso. Queria pedir-vos umha cousinha: na foto de "Alberte Pagán cavilando" estaria bem acreditar o fotógrafo: Amador Lorenzo. Saúde e anarquia.

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, Igrexafeita, Naraío, naturezas, paseos, vídeos, visitantes

Autor/a: Alberte Pagán

Vídeos:
Película urgente por Palestina (2012)
A realidade (2012)
Bs. As.(2006)
Eclipse (2011)
Quim.com (2014)

Compartir en: