Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

Fonte do mosteiro

San Sadurniño, 1755

Ao carón do Convento do Rosario manaban tres fontes. A fonte do mosteiro é a única situada no interior do recinto conventual, preto do muro de chacotaría que separaba o terreo do mosteiro do Camiño Real. Accédese a ela a través dunha escalinata que é un Rosario, emblema e símbolo dos Dominicos. Os 50 chanzos están separados por cinco descansos que veñen sendo os misterios do Rosario. En realidade poderíase rezar un rosario baixando ou subindo dende a fonte ao convento.
A fonte está ubicada nunha pedra torneada de estilo barroco cun chafariz de dous canos que deitan a auga nunha pía, O conxunto foi realizado con pedra de Moeche e probablemente construído a mediados do século XVIII. No frontal hai una inscrición co lema da Orde fundada por Domingo de Guzmán: “Laudare, Benedicere, Praedicare”, e dicir, “Louvar, bendecir, predicar”. Sen dúbida, a fonte debeu estar sempre alí, mais a fermosa aparencia actual provén do asentamento dos dominicos en San Sadurniño, porque toda ela é una exaltación dos símbolos da Orde Dominicana.
Escoitamos o son da fonte do mosteiro en maio do 2015:



No 2017 o cineasta local Pablo Martínez gravou nesta localización parte do seu filme "Enamorándose de San Sadurniño" para a 4ª Chanfainalab

Na ilustración, "Quien escucha, su mal oye", lenzo de Asterio Mañanós, pintado na fonte do mosteiro arredor de 1902, aludindo ao dito popular de que si escoitas as conversas dos outros, probablemente coñezas cousas que non te gusten..

  • Fonte do mosteiro

  • Fonte do mosteiro no 2015

  • Escalinata de 50 chanzos do Rosario

  • Fonte do mosteiro do Rosario no 2015

load

Documentos:

Folleto Convento do Rosario

Comentarios

isabel prieto

2015-05-31 17:33:13

gustaríame ver alguna imaxe do colexio e alumnas dos anos 69 ata o 73 si pode ser, graciñas

Máis imaxes

Temas: Convento do Rosario, fontes, patrimonios, San Sadurniño (parroquia), sons

Compartir en: