Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

lecer

O devalar no tempo despois do traballo: paseos, festas, romarías, xogos, deportes e actividades de lecer das xentes de San Sadurniño: bares e tabernas, cinema creador@s, deporte, eventos musicais, feiras, festas e romarías, gastronomías, músicas, naturezas, patrimonio, paseos, ríos,teatro, visitantes senlleiros,

"Festival folclórico internacional"

San Sadurniño, 1993

En 1993 a Asociación ferrolán "Donas e Galáns" propúxolle ao alcalde Constantino Bedoya a realización dun festival folclórico coincidindo coas Festas de Santa Isabel. Nesta primeira edición actuaron grupos portugueses como "Terra da feira" e aragoneses como "Cachirulo". O Festival celebrouse durante tres anos e trouxo a San Sadurniño actuacións de relevantes grupos folclóricos. Dende 1994 o festival complementábase cunha exposición de carácter etnográfico no claustro do Mosteiro . En 1995 foi unha exposición de artesanía, na que figuraban zoqueiros, alfareiros e palilleiras entre outros oficios da cultura popular galega.
O festival deixou de celebrarse no 1997. Na sesión municipal de 21/9/1997 O alcalde Constantino Bedoya argumentaba as razóns da súa desaparición: "Pola escasa asistencia de público, sen perxuizo de que se poda reanudar no futuro. Ademais, o grupo ferrolano encargado da organización, Donas e Galáns, non tiña interés en repetir este ano como organizador. Por outra banda os gastos derivados deste festival eran moi elevados"
Os membros da Asociación Celsa Sabín Montero e Vera Fernández, explícannos os obxectivos do Festival e algúns traballos de recuperación etnográfica e musical realizados en San Sadurniño nunha entrevista en "Pegadas" (2010)

  • "Festival folclórico internacional"

  • Primeira edición. LVG 3.7.1993

  • Festas de Santa Isabel 1994.

  • Terceira edición Festival folclórico. 6.7.1995

  • Logotipo de Donas e galáns

  • Donas e galáns en 1998 LVG 7.10.1998

load

Documentos:

"Era un luxo ter un gaiteiro". Revista Pegadas, marzo de 2010

Comentarios

Máis imaxes

Temas: festas e romarías, eventos, lecer, música, San Sadurniño (Concello), Santa Isabel

Autor/a: Fálame

Compartir en: