Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

lecer

O devalar no tempo despois do traballo: paseos, festas, romarías, xogos, deportes e actividades de lecer das xentes de San Sadurniño: bares e tabernas, cinema creador@s, deporte, eventos musicais, feiras, festas e romarías, gastronomías, músicas, naturezas, patrimonio, paseos, ríos,teatro, visitantes senlleiros,

"Festa da familia"

Currás, San Sadurniño, 2002

No verán do 2002 o Concello presidido por Constantino Bedoya (PP) comezou a celebrar a "Festa da familia", na primeira fin de semana do mes de agosto tras da desaparición da "Feira do Cabalo". A Festa consistía en invitar a todas as familias do concello a un xantar gratuíto para potenciar a convivencia entre veciños e veciñas. O xantar facíase en base a produtos típicos, normalmente.empanada, polbo, carne ó caldeiro con patacas e chourizo, lambetadas e diversas bebidas. Comezou celebrándose nas beiras do Xuvia, mais pasou a facerse no complexo lúdico-deportivo de Currás no campo de fútbol e a piscina municipal. O Concello asumía os custes do evento (arredor de 12.000 euros). Na edición do 2004, xuntáronse arredor de 1.300 persoas; segundo indicaba o alcalde Constantino Bedoya: "Es una ocasión para que vecinos que coinciden muy pocas veces puedan encontrarse y dedicar unas horas a charlar con calma. Además, en vez de invitar sólo a la tercera edad, como hacen en otros lugares, nosotros queremos que vengan abuelos, hijos y nietos". A derradeira edición foi no ano 2006, despois das eleccións municipais do 2007 que outorgaron a alcaldía a Secundino García Casal (BNG).
Na portada fotografía da edición do 2006

  • "Festa da familia"

  • Primeira festa da Familia (2002)

  • Fotografia da 1º festa da familia (2002)

  • 2ª Festa da Familia (2003)

  • 3º Festa Familia (2004)

  • 4º Festa da familia (2005)

  • Éxito da 4º Festa da familia (2005)

  • 5ª Festa da familia (2006)

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: familias, eventos, festas e romarías, lecer, San Sadurniño (Concello)

Autor/a: Fálame

Compartir en: