Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Eva"

San Sadurniño, 2019

6ª Chanfaina Lab (22). Estrea: domingo 5 de abril do 2020
Guión e dirección: Manuel Abad
Actriz: Silvana Sestelo
Edición: Chema Montero
Texto orixinal: Pilar Buela do seu libro “Ácaros verdes”
Tradución ao alemán: Roberto Moreiras
Locución en alemán: Isabel Castrillón
Proxector s8: cortesía de Angel Rueda
Sinopse:"Escoitamos os pensamentos dunha rapaza fronte ás imaxes que un proxector de Super 8 ilumina nunha parede."
Duración: 4´ 36"
Gravado en Dzine durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2019 dentro do programa da 6ª Chanfainalab


Manuel Abad (A Coruña 1953) é un dos cineastas e profesionais máis sobranceiros e experimentados da Televisión de Galicia e do audiovisual galego. Comezou cos pioneiros que iniciaron o cinema galego a mediados dos anos 70 do século XX, en formatos cinematográficos pequenos co colectivo “Imaxe”. Coa aparición do vídeo a inicios dos 80, inicia un proceso creativo experimentando as posibilidades que ofrecía o novo medio e formando parte da xeración de videoartistas galegos que sorprenderon nos principais festivais videográficos de España: “Denantes”, “O neno coas pernas de pomba”, “Prologo”, “Hardo”, “365” ou “Contar”, obtendo numerosos premios, entre eles o Festival Internacional de Vídeo de Madrid ou Vitoria. Cando naceu a TVG, Manolo Abad converteuse no seu realizador de referencia, sendo o creador, director e responsable de moitos programas de éxito da televisión autonómica como “Luar”, “Mar a mar”, "O mellor", "Corazonada" ou “A mellor TV do mundo” entre moitos outros. Mais tamén continúa a desenvolver novos proxectos independentes e persoais no ámbito da longametraxe documental como “Flores tristes” (2008), “Sexo entre o ceo e a terra” (2009) ou “Contraaluz”(2017) .

Manolo achegouse á Chanfainalab cos deberes feitos e cunha idea claramente definida: "A idea agromou cando chegou ás miñas mans unha serie de películas de Super 8 que nunca vira en ningún tipo de documental -e mira que vira moitos- da autoría de Eva Braun. Eva, antes do seu romance co que o final chegou a ser o seu marido, Adolf Hitler, traballaba nun estudio fotográfico, co que ben podemos dicir que era unha compañeira do audiovisual. Este feixe de películas era dunha inxenuidade que desarma calquera tipo de prevención a súa contemplación. Eran como a antítese da súa outra compañeira de profesión, e disque que tamén de afectos, Leni Riefenstahl. Exentas de todo contido político, entran no concepto –a excepción dalgunhas filigranas esteticistas- do que normalmente chamamos “domésticas”. E como tales, dotadas da inxenuidade que proporciona unha intimidade “normal”, si podemos considerar así a súa convivencia co maior verdugo do século XX. Este contido fíxome lembrar o precioso libro de Pilar Buela “Ácaros verdes”, que trata dunha maneira lírica e dende o punto de vista de Eva, os derradeiros días da parella no búnker de Berlín antes da súa precipitada voda e posterior suicidio. Algúns fragmentos deste libro son dunha beleza exquisita no referente os sentimentos dunha rapaza nova cara o seu amado. Así de simple e inxenuo, como unha película de Super8 doméstica. Despois de falar con Pilar –hai anos xa disto- e conseguir o seu permiso para a utilización do texto, o resto foi xuntar as pezas. Pois supoño que o resultado final pertence a denominación de “metraxe atopado” ou “found footage”, á maneira dos meus admirados Peter Forgács ( “El perro negro. Historia da guerra civil española”) ou, e xa como referencia directa, Jay Rosenblatt ( “Human Remains”). A gravación tería que haber sido nun búnker, ou algo similar, mais despois de mirar por todo o concello, pareceume igual de atractivo, e mesmo máis romántico o vello cine abandonado. Isto obrigoume a ser mais claustrofóbico, xa que non podía amosar o contido “autentico” do antigo cinema, ao estar este moi “contaminado” esteticamente pola intendencia da cafetería que ocupa agora parte da súa superficie. De tódolos xeitos penso que este ambiente claustrofóbico acaeulle ben ao resultado final que así suprime toda referencia espacial e se centra so na luz e nas imaxes proxectadas."
Como non puido asistir á estrea da Chanfainalab na Casa de Cultura de San Sadurniño o 15 de febreiro, Manolo enviounos este videosaúdo que, visto nestes días de confinamento, resulta ironicamente profético:


"Eva" é unha estraña historia de amor en forma de carta, unha peza que ao mellor sorprende no contexto da Chanfainalab: "Para min a chanfaina representou a oportunidade de realizar un proxecto que levaba xa varios anos no caixón de ideas pendentes, a partir desas imaxes domésticas de Eva Braun e o texto de Pilar Buela. Gustaríame que a xente vira a peza sen coñecer ningunha explicación ou referencia sobre ela, mais que logo lera a información aportada por esta ficha e así puidera entender mellor o que pretendo: unha reflexión sobre o naif e inxenuo que pode chegar a ser o amor. Eva non é mais que unha moza namorada, mais o amor sempre é cego e incondicional." Sen embargo esta historia tan universal está gravada en Sansa; asemade, nela participan veciños de Sansa como o tradutor ao alemán (Roberto Moreiras) e a voz da locución (Isabel Castrillón); Manolo Abad demostra que tamén desde aquí -e tamén dende a Chanfainalab- somos quen de producir discursos universais que reflicten as eternas cuestións da alma humana: a vida, a morte e...o amor.
Fotografías de Cesar Galdo

  • "Eva"

  • Manolo Abad na 6ª Chanfainalab

  • Fotografía oficial da 6º chanfainalab (Manolo non poido estar aquí)

  • Manolo e Silvana en Dzine

  • Na gravación de "Eva"

  • Imaxe de "Eva"

  • Silvana, Luis, María e Manolo coa resaca do domingo pola mañá

  • Manolo e Silvana no xantar da chanfaina

  • Silvana, Manolo e Ana Moreiras no xantar da Chanfaina

  • Videosaúdo de Manuel Abad na estrea mundial de "Eva"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: guerra, muller, visitantes, vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: Manuel Abad

Vídeos:
"Sexo entre o ceo e a terra" (trailer)
"Contraaluz"
"Flores Tristes"

Compartir en: