Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Estatuto de Galicia de 1936

Campo da feira, San Sadurniño, 1936

Entre maio e xuño de 1936 desenvólvese unha intensa actividade política por toda Galicia. Nela participan republicanos, galeguistas, socialistas, sindicalistas e comunistas, co fin de fomenta-la imprescindible participación popular o 28 de xuño no Referendum de Autonomía de Galicia .
O proceso comezara en xuño de 1931 na Asamblea regional celebrada en Santiago á que asistiron persoalidades e representantes de entidades e concellos de toda Galicia. Sam Sadurniño estivera representado polo secretario municipal Juan Rilo e o comerciante de Igrexafeita José Eiroa representando ao Sindicato labrego "La moralizadora".
No campo da feira de San Sadurniño o día 21 de xuño de 1936 celebrouse o mitin central a prol do Estatuto de Autonomía de Galicia. O concello presidido por Vicente Castro Naveiras implicarase no proceso dende o comezo. Mesmo fará unha pequena aportación económica para a campaña. O referendum votaríase sete días despois, o 28 de xuño. Os oradores no mitin foron Fernando Rivas (PCE), Luis Ferreiro (Partido Sindicalista) e Xoan Rodríguez Tenreiro (Partido Galeguista). Colaborou na orgaización e presentación dos candidatos o secretario municipal Juan Rilo Rodriguez. El correo gallego publicou unha extensa crónica na que se da conta dalgunhas das ideas que se expuxeron nese mitin.
Os resultados da votación do domingo, 28 de xuño de 1936, foron cando menos anómalos pola súa contundencia e alta participación. Algúns historiadores denominan o resultado como o Santo Pucherazo. Tres días despois de presentar o documento do Estatuto aprobado no Congreso dos Deputados, iniciouse a Guerra civil española. En decembro de 1980 votarase un novo estatuto de autonomía para Galicia.
Podes descargar un estudo sobre a campaña do Estatuto de Autonomía na comarca de Ferrol.

  • Estatuto de Galicia de 1936

  • Cartel deseñado por Bernardino Vidart

  • Carteis de Castelao

  • Cartel de Camilo Diaz Baliño

  • Panfleto pro autonomia

  • Panfleto contra a autonomía

  • Cartel de Luis Seoane

  • Participación económica do Concello de San Sadurniño no Plebiscito do Estatuto de Autonomía

  • Mitin pro estatuto, correo gallego 23 de xuño de 1936

load

Documentos:

"O referendum do Estatuto de Galicia de 1936 na comarca de Ferrol". Xosé Manuel Suarez Martínez

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), visitantes

Vídeos:
Mitin a prol do Estatuto de Autonomía de Galicia

Compartir en: