Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Eleccións municipais de 1991

Santa Mariña do Monte, 1991

Elección anterior (1987)
As cuartas eleccións municipais celebradas o 26 de maio de 1991 contaron cunha participación do 77,61 % do electorado, casi dez puntos mais que nas anteriores de 1987.

O Partido Popular de Constantino Bedoya, cun espectacular incremento electoral, acada a maioría dos votos cun 40,68% (1.061), que lle outorgan cinco concelleiros, (gañando un edil respecto as eleccións de 1987).
Os cinco concelleiros populares foron:
Constantino Bedoya Vázquez
Juan Manuel Pita López (Santa Mariña)
Pablo Vila Doce (San Sadurniño)
José Manuel Aneiros Rodríguez
Antonio García Franco

O segundo partido mais votado foi PSOE co 31,75%, mantén o seu apoio electoral, perdendo tan só 11 votos (828),
Manuel José Lamas Soto (Igrexafeita)
Mario Piñón Castro (Ferreira), substituído por Andrés Muiño Rañal (Bardaos) en novembro de 1993
José Antonio Grandal Carballo (Naraío)
José Manuel Sixto Vila (Lamas)

O terceiro partido foi a candidatura "Independientes de San Sadurniño" , que experimentan un descenso no apoio electoral cun 21,6 % dos votos (565) e dous concelleiros:
Fernando Barro Sabín
José Serafín Gundin Sabín (Bardaos)

O cuarto partido foi a a candidatura "BNG" , que se presentaba por primeira vez, acadando o 4,7 % dos votos (123), mais ningún representante no Concello

Por último os nacionalistas de "PSG-EG" acada o 0,77% dos votos (20), e tampouco acadaran representación na corporación municipal.

Así pois, á vista dos resultados repite o alcalde do Partido Popular Constantino Bedoya, que gobernará en minoría co apoio dos Independentes. Constantino chegara á alcaldía tras dunha moción de censura un ano antes das eleccións.
Seguintes eleccións en 1995

  • Eleccións municipais de 1991

  • Candidatura do BNG ás eleccións municipais de 1991 18.4.1991

  • Resultado eleccións 27.5.1991

  • Candidatura PSOE 1991

  • Programa electoral 1991 PSOE

  • Candidatos PSOE 1991

  • Programa electoral Partido Popular 1991.1.

  • Programa electoral Partido Popular 1991.2.

  • Programa electoral Partido Popular 1991.3.

  • Programa electoral Partido Popular 1991.4.

  • Programa electoral "Independientes" 1991.1

  • Programa electoral "Independientes" 1991.2

  • Programa electoral "Independientes" 1991.3

  • Programa electoral "Independientes" 1991.4

  • Evolución eleccións municipais (1979-2015)

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: estatísticas, San Sadurniño (Concello)

Autor/a: Fálame

Compartir en: