Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Eleccións municipais 2011

San Sadurniño, 2011

Elección anterior, 2007
As novenas eleccións municipais celebráronse o 22 de maio de 2011. A campaña electoral desenvolveuse con tranquilidade. Votou o 79.12 % do censo electoral, seis puntos máis que nas eleccións do 2007.

O partido mais votado foi o "BNG", que duplica o seu apoio electoral con 1.262 votos e o 57,57 % dos electorado, -a maioría absoluta- e sete representantes no Concello (antes tiña cinco).
Secundino García Casal.
Manuel Varela Mecías, (Naraío)
Xosé López Gudín, (San Sadurniño). Renuncia no 2012. Substituido por María Carmen García Pérez
Amparo Calvo Fernández (Monte)
María del Carmen Muiño Filgueira
Suso Soto Vivero, (Naraío)
Ana Belén Breijo Gundín (Lamas)

O Partido Popular descende en apoio electoral, acadando 600 votos, o que representa o 27,37 % dos electores, perdendo dous concelleiros. Quédase con tres representantes na corporación municipal:
Plácido López Loureiro
Hipólito Díaz Silva.(Monte)
Silvia Fernández Muiño

O terceiro partido foi o PSOE, que mantén o seu apoio electoral co 13,69% do electorado (300 votos), acadando só un concelleiro.
Fernando Márquez Hermida.

Así pois, á vista dos resultados gobernará con maioría absoluta (2011-2015) o alcalde nacionalista (BNG), Secundino García Casal , que non precisará pacto algún de goberno.

Seguintes eleccións en 2015

  • Eleccións municipais 2011

  • Gráfico: Evolución do voto nas eleccións municipais de San Sadurniño (1979-2015)

load

Documentos:

Acta de Constitución do Concello (11.6.2011)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), estatísticas

Autor/a: Fálame

Compartir en: