Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Doazón do Pazo de Baltar

Baltar, Narón, 1910

En 1910 os Marqueses de San Sadurniño chegan a finais de xuño, antes do acostumado, a pasar as vacacións de verán. De feito veñen, entre outras cousas, a repoñerse. En febreiro complícáraselle moito unha gripe á marquesa e ata a Raiña María Cristina foi visitala á súa casa madrileña. As novas informan que o rei Alfonso XIII, de volta de Inglaterra no buque “Giralda”, decidira pasar algúns días en San Sadurniño. Os marqueses adecúan o pazo con “novo mobiliario” para agasallar ao “regio huésped en señorial morada”. Mesmo impulsan a instalación dunha oficina de telégrafos provisoria que comezará a funcionar a primeiros de agosto dese ano. Sen embargo, a axenda do Rei impedirá a proxectada estadía en San Sadurniño. Afinais de xullo, os Duques da Conquista desprazaranse ata a igrexa de Senra, Ortigueira, para asistir a unha misa ofrecida polo párroco Justo Alende ao Sagrado Corazón "por haber restablecido la salud de la excma marquesa".
Mais a decisión mais sobranceira deste verán será a cesión do seu Pazo-familiar de Baltar á congregación claretiana, ao estilo feudal de Pedro Froilaz na Idade Media. O Pazo de Baltar, na parroquia de Santa María do Val (Narón) é un vello edificio construído no século XVI, a casa fundacional da familia Pardo de Andrade que acabou fusionándose co Señorío de San Sadurniño no século XVIII. No Pazo naceu gran parte da familia dos Marqueses ata o século XIX. O pazo traíalle grandes lembranzas a Natividad polos seus primeiros 11 anos de vida, mais debía ser custoso o seu mantemento: «Con que gusto me desprendí y entregué a los P. Misioneros del Corazón de María aquella casa solariega, puerta y soto de castaños tan lleno todo de recuerdos de mi infancia! ... Y tengo muy viva en mi memoria que siendo muy niña sentí en aquella Capilla, por primera vez, la gracia de Dios sensible en mi alma!», anota no seu diario.
A doazón incluía a Capela do pazo como lugar de enterramento familiar. Mais a cesión trouxo certa polémica porque os xornais liberais acusaron á doazón de vulnerar a Lei do Candado de inminente aprobación, que prohibía a instalación de novas ordes relixiosas. Para evitar os previsibeis atrancos legais, a inmensa influencia dos marqueses resolverá o “problema” e precipitáronse os trámites. O 13 de agosto anunciábase a chegada do P. Martín para as xestións oportunas. O día do santo da marquesa, 8 de setembro de 1910, o pazo familiar dos Pardo de Andrade pasou a seren propiedade dos “Padres Misioneros del Sagrado Corazón de María” (claretianos). En 1914 construirán o novo edificio e derrubarán definitivamente o vello pazo, outra referencia histórica de Trasancos perdida, como lle acontecera ao mosteiro do Pedroso. Hoxe, a capela do Pazo é o panteón familiar dos Marqueses de San Sadurniño. O marqués sotérrase en 1922 e a marquesa en 1953. Os claretianos seguen mantendo as instalacións do convento, mais dun xeito ben diferente que nos anos de esplendor.
Na foto, porta da Capela de Baltar arredor de 1910.

  • Doazón do Pazo de Baltar

  • Convento de Baltar

  • Lei de Candado e doazón de Baltar

  • Chegada dos primeiros claretianos .(La correspondencia gallega, 13/8/1910)

  • Doazón do convento de Baltar (8/9/1910)

  • Instalación do telégrafo en San Sadurniño (La correspondencia gallega. 18.8.1910)

  • Enterro Duque de la Conquista o 26-6-1922

  • Alfonso XIII en San Sadurniño (ABC 2-7-1910)

load

Documentos:

O pazo de Baltar
Doazón de Baltar e a Lei do Candado

Comentarios

Máis imaxes

Temas: igrexas parroquiais, patrimonios, Pazo da Marquesa, outros lugares

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: