Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Doazón de Naraío para o mosteiro de Xuvia

Naraio, 1114

A familia dos Froilaz, a mais importante e todopoderosa linaxe da Galicia feudal no século XII, realizará numerosas doazóns á Igrexa, nomeadamente aos mosteiros galegos. Nesta ocasión será Rodrigo Froilaz, "Señor de Trasancos", "almirante dos portos de Galicia" e irmán de Pedro Froilaz, o mítico Conde de Traba, quen o 21 de agosto do 1.114 doe algunhas terras e casas de "Narayo" -ademais de moitas fincas en Ferrolterra- ao Mosteiro de San Martíño de Xuvia, asinando como testemuñas Pedro Froilaz e as súas irmáns Doña Munia (a fundadora do mosteiro do Pedroso) e Visclávara (monxa en San Martín de Xuvia).
Once anos mais tarde, en 1125, será o seu irmán Pedro Froilaz quen doe as igrexas de Ferreira ao mosteiro de Xuvia e mesmo cincuenta anos despois, o seu neto seguirá facendo donacións no 1163. A mediados do século XII, a meirande parte dos homes e terras do actual concello de San Sadurniño pertencían aos mosteiros "familiares" do Pedroso e Xuvia -"monasterios nostros"-, e polo tanto, vasalos ou servos dos Froilaz-Traba. Con istas doazóns -aparentemente tan xenerosas- garantíase a continuidade das posesións dos Froilaz en membros da propia familia e polo tanto o manteñemento de todos os resortes do poder feudal sobre as súas terras e vasalos.
Ilustración do mosteiro de San Martiño de Xuvia realizada por Eva Merlán. Fai unha visita virtual ao mosteiro hoxe .

Doazón de Naraío para o mosteiro de Xuvia

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Naraío, outros lugares

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: