Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

"De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade".

San Sadurniño, 1975

No proxecto "Fálame de San Sadurniño" xa levamos publicadas vinte historias asinadas por Ramón Díaz Raña, un inquedo crego que deixou fonda pegada en San Sadurniño nos anos do final do franquismo e a transición. Si tedes o pracer de lelas - e de paso gozar dun rato ben divertido- percibiredes de seguida a súa xenerosidade, bonhomía e as moitas iniciativas que deixaron un ronsel permanente, aínda hoxe vivo, entre as xentes e terras de San Sadurniño. Naqueles anos escuros e tristes de finais do franquismo, "Ramón era coma un faro que iluminaba a todos".

A historia que nos trae hoxe -a historia n º 1.000 de "Fálame" !- é impactante e moi pedagóxica. Trátase dun relato construído a partires dun Informe Confidencial asinado polo daquela alcalde falanxista de San Sadurniño, Santiago Secada. O escrito foi redactado seis meses antes do falecemento do ditador Francisco Franco e remitido ao Gobernador civil franquista de Coruña Miguel Vaquer Salort. Nel recóllense graves acusacións contra o párroco, mais afortunadamente viña acompañado por outro Informe Confidencial da Garda Civil que refuta unha por unha as calumnias e mentiras do alcalde e secretario do Concello de San Sadurniño. É como si estivésemos lendo un capítulo da mítica novela de Giovannino Guareschi, "Don Camilo", aínda que neste caso, cos roles invertidos: a historia dun cura demócrata e un alcalde fascista.
Como todas as historias escritas por Ramón, semella un relato aparentemente local, pero que ilustra á perfección, os obstáculos e dificultades que ameazaban o pensamento libre e a democracia no derradeiro ano da ditadura de Franco en calquera recuncho de Galicia. Que cada un saque as súas propias conclusións.

A historia de Ramón comeza así:
" Síntome como o avó que machuca aos netos contando as súas batalliñas de cando novo. "Historias de Ramón", dirá alguén. Desta intentarei sorprendervos. Eu mesmo botei as mans á cabeza cando souben a historieta de hoxe. É de sobra coñecido o das denuncias e multas a cregos nos derradeiros tempos do franquismo. Hóuboas a chorro. A min asaltáronme a casa reitoral, pero xamais pensei que os moradores do mesmo convento polo Nacente me tiñan tan descualificado. Vivindo baixo o mesmo teito, os suspiros saían de entrañas ben distintas. Hai case dous anos caín da burra na que ía tranquilamente montado e aínda non din sandado. Manolo e Carmen do CEMIT tiveron a ben mandarme os documentos que dan fe do aprecio que me tiñan Varela e Secada.(Texto Informe Confidencial). Foi para min como unha revelación. Como quen esperta dun soño imposible. Viñéronme á cabeza as liortas entre Don Camilo e Pepone. Daquela eu ben me decataba que a desconfianza era mutua, pero xamais pensei que ían ser capaces de firmar tamaños informes sobre min. Hoxe reflexiono sobre o asunto. Acompañádeme, se vos apetece."
Seguir lendo a historia....
Na fotografia, os dous protagonistas, o cura Ramón e o alcalde Secada presidindo unha entrega de premios nunha festa escolar

  • "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade".

  • Petición gubernativa de informes sobre Ramón Díaz Raña

  • Panfleto sobre as eleccións sindicais

  • Impugnación das eleccións sindicais

  • Mar de fondo en San Sadurniño

  • Documento sobre Masas comúns

  • Informe sobre Ramón Díaz Raña

  • Informe confidencial sobre Ramon Díaz Raña

  • Informe da Garda civil sobre Ramon Diaz Raña (1)

  • Informe da Garda civil sobre Ramón Díaz Raña (2)

load

Documentos:

"De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade".
Documentos citados en "De cómo o alcalde Secada ben-dice do Señor Abade".

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: conflitos, Convento do Rosario, San Sadurniño (Concello), xente, Santa Mariña do Monte

Autor/a: Ramón Díaz Raña

Compartir en: