Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Couto do Pedroso

Pedroso, Narón, 1120

En 1120 o rei Alfonso VII en atención ao afecto que lle tiña a Dona Munia Froilaz, fundadora do Mosteiro do Pedroso, decide “acoutar” o mosteiro con todos os privilexios que tiña tal decisión para os mais de cen vasalos do entorno do mosteiro. Todas as terras, arbores, augas e casais do couto eran propiedade do Mosteiro. O seu prior tiña xurisdición civil e criminal sobre o territorio. Por exemplo non se podía entrar no Couto sen permiso do Prior, nin se podían cobrar impostos ou rendas de ningún tipo, agás os dezmos dos vasalos ao mosteiro. Os priores nomeaban aos xuíces que tiñan á súa disposición cárcere, picota, e mesmo forca para os malfeitores. Oito anos mais tarde en 1128, o mesmo Rei Alfonso VII aínda ampliará o Couto un pouco mais con posesións na actual Santa Mariña do Monte. O Couto tiña ademais o “dereito de presentación” – elección de curas párrocos- nas igrexas de San Sadurniño, San Xiao de Lamas e Santa María de Bardaos. Na ilustración mapa aproximado do Couto do Pedroso, do libro de Enrique Cal Pardo: "El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos"

Couto do Pedroso

Documentos:

Documento de acoutamento do Pedroso polo rei Alfonso VII e Dona Urraca (1120)
Segundo acoutamento do Pedroso polo rei Alfonso VII (1128)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: igrexas parroquiais, Pedroso

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: