Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

empresas

Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría

Cooperativa "Nuestra Señora de la Esperanza"

Corripa, Santa Mariña do Monte, 1974

A comezos dos anos setenta do século XX, cinco labregos de Santa Mariña do Monte montaron unha pioneira cooperativa agrogandeira, orientada á produción de carne e leite, que aínda hoxe segue en funcionamento. Na súa posta en marcha tivo moito que ver o párroco de San Sadurniño daquela, Ramón Díaz Raña. Neste texto, Ramón debulla nas orixes do proxecto da Cooperativa:

"Ao pouco de empezar os traballos na finca do Carveiral, comezamos a xuntármonos na miña casa un grupo de labregos da parroquia para ver de montar unha cooperativa unindo as súas fincas. A Concentración Parcelaria seguía para adiante o que favorecería o traballo e aceso ás fincas. Iso daba un pulo máis para ollar a iniciativa con posibilidades de futuro. Despois de moitas voltas e revoltas déuselle para adiante ao proxecto e creouse a “Cooperativa de Explotación Comunitaria Ntra. Señora de la Esperanza”, con cinco socios que aportaban un número considerable de ferrados de terreo. Eu non tiña fincas na Cooperativa pero considereime e consideráronme sempre como membro da familia. Vivín moi de preto todos os seus avatares"... Continuar lendo a historia completa.

Tamén podes ver un clip da serie documental "Galicia enteira" producida pola TVG no 2005. Nel fala o cooperativista xa falecido, Arturo Calvo.

  • Cooperativa "Nuestra Señora de la Esperanza"

  • Recibo do cooperativista Ramón Díaz Raña

  • Vacas na Cooperativa da Esperanza

  • Cooperativa da esperanza

load

Documentos:

Cooperativa da Esperanza, por Ramón Díaz Raña

Comentarios

Máis imaxes

Temas: empresas agrogandeiras, emprendedor@s, gandeiría, labregos e labregas, Santa Mariña do Monte, vídeos

Autor/a: Ramón Díaz Raña

Compartir en: