Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Consellos de Rof Codina para os labregos de San Sadurniño

San Sadurniño, 1921

A chegada de Juan Rof Codina á Inspección Provincial de Hixiene Pecuaria de Coruña foi providencial para alentar a modernización da estancada agricultura galega. O domingo 4 de decembro de 1921 o ilustre veterinario visita San Sadurniño acompañado por unha comisión formada polo Presidente da Unión Nacional de Veterinarios, Nicéforo Velasco e varios profesores da Cátedra Ambulante de Divulgación Pecuaria. A comisión visitou o Pazo da marquesa, diversas granxas avícolas e a frondosa Fraga guiados polo seu administrador, Manuel López Sisto, o inspector municipal de sanidade pecuaria de San Sadurniño, Antonio Castillo e as autoridades municipais co alcalde, José Fernández Pita, á cabeza. Despois trasladáronse ao Campo da Feira de San Sadurniño para analizar a calidade do gando vacún e porcino da feira mensual. Alí, diante de moitos labregos, o ilustre científico Rof Codina arremangouse a camisa e practicou o anillado nasal a un touro reprodutor que pola súa idade era xa indómito. Rof Codina recomendou aos labregos de San Sadurniño o anillado nasal dos touros, "porque só así conséguese domear ao animal mais bravo, alongando a súa vida útil como semental".
Xa pola tarde, no salón de sesións do concello, Rof Codina deu unha conferencia aos labregos na que salientou o grave problema do carbuncho bacteriano que estaba aniquilando o gando de San Sadurniño. Esta enfermidade provocaba que o 50% dos labregos non tiveran gando propio, senón en parcería. Rof Codina calculaba que os gandeiros que xestionan o seu gando en parcería tiñan que pagar un xuro que oscilaba entre o 12 e o 20 %, o que impedía o progreso económico e condeaba á miseria as familias labregas. Rof Codina proporá a creación dun Sindicato Agrícola e Gandeiro en San Sadurniño que outorgase empréstitos ao 4% para que os gandeiros tiveran unha oportunidade de saír da pobreza. Mesmo facilitou modelos de regulamentos para crear doadamente un Sindicato en San Sadurniño; mais tamén propuxo outras suxerencias, como a instalación dunha báscula na feira, a venda directa de reses, prantación masiva de frutais, cultivo de flores e hortalizas, o abastecemento de leite ao Ferrol, a organización de paradas de sementais, vacinación masiva anticarbunchosa e o emprego de abonos químicos entre outras moitas medidas para a mellora gandeira en San Sadurniño.
Un mes despois, o inspector municipal Antonio Castillo, pronunciará outra charla en Silvalonga con similares argumentos. Podes descargar aquí unha magnífica unidade didáctica sobre este gran centífico e divulgador da agricultura e gandería galega que visitou San Sadurniño a finais de 1921.

  • Consellos de Rof Codina para os labregos de San Sadurniño

  • Rof Codina en San Sadurniño 11/12/1921

  • Extracto da conferencia de Rof Codina

  • Rof Codina en San Sadurniño. El correo gallego

load

Documentos:

Juan Rof Codina, veterinario e divulgador

Comentarios

Máis imaxes

Temas: feiras, Pazo da Marquesa, animais, San Sadurniño (Concello), labregos e labregas, visitantes, gandeiría

Autor/a: Manolo González Álvarez

Compartir en: