Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

traballos e días

O devalar no tempo do traballo: os labores agrarios e gandeiros, artesáns, as feiras, comerciantes e taberneiros: animais , bares e tabernas, emigración, feiras , gandería , labregos e labregas, oficios artesanais, tecidos, o traballo nas hortas datos estatísticos

Concentración parcelaria en Santa Mariña

Santa Mariña, 1971

A comezos da década de 1970 comezaron os estudos para a concentración parcelaria en Santa Mariña do Monte. Agrupar as leiras, eliminar o minifundio ou racionalizar e rendibilizar o traballo dos labregas e labregas eran os obxectivos do proceso de concentración. Daquela chegara a San Sadurniño un novo e dinámico párroco, Ramón Díaz Raña que participou voluntariamente no desenvolvemento do proxecto. Ramón debulla neste texto o proceso de concentración parcelaria en Santa Mariña e a fonda transformación que sufrirá a parroquia nos vindeiros dez anos.

"En xaneiro do 1971 fun destinado para as Parroquias de San Sadurniño e Santa Mariña do Monte. Pedíralle o Bispo que me adxudicara unha parroquia pequena para que me quedara tempo e poder así organizar e redactar todo o traballo que tiña recollido referente á Tese de doutoramento. Fun con ilusión para ese destino. Pero coincidiu que daquela estaban a comezar os traballos de Concentración Parcelaria en Santa Mariña. Eu vivira uns anos antes na propia familia os desgustos que trae consigo a Concentración... Por iso, con ocasión do enterro de Josefa de Rañal, –polo vinte e tantos de xaneiro- ofrecinme publicamente aos veciños para axudarlles a preparar os papeis cos que presentar unha declaración axustada á verdade. Foi unha experiencia única..."
Continuar lendo...

Ao longo do proceso, a paisaxe agraria e a vida dos veciños e veciñas da parroquia mudaron profundamente como lembra o xeógrafo Ignacio Fernández.
Na fotografía, parroquia de Santa Mariña antes da concentración parcelaria, arredor de 1956. Podes comparala coa parroquia hoxe na ventá de xeolocalización, á dereita da pantalla.
Mais historias de Ramón Díaz Raña

Concentración parcelaria en Santa Mariña

Documentos:

Concentración parcelaria en Santa Mariña por Ramón Díaz Raña
Pumariño, decembro de 1981

Comentarios

Máis imaxes

Temas: labregos e labregas, Santa Mariña do Monte, mapas, naturezas

Autor/a: Ramón Díaz Raña

Compartir en: