Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo, brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

"Con ollos de xigantes"

Naraío e Igrexafeita, 2019

6ª Chanfaina Lab (19). Estrea: xoves 2 de abril do 2020
Directora: Ana Martínez
Sinopse:"A través do material e inmaterial dise que os homes camiñan sempre a lombos de xigantes...Pois entón xa é hora de que, por ende e sen escusa, xunten os límites de ambos e comecen a ver con Ollos de Xigantes"
Duración: 4`
Gravada en Naraío e Igrexafeita durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2019 dentro do programa da 6ª Chanfainalab


Ana Martínez, “ATE” (Ferrol, 2001), é unha artista nova moi creativa e polifacética. Estudou o BAC de Arte en Ferrol, onde desenvolveu o blog "Bananatas". O maxín de Ana é inesgotábel, sempre na procura incesante do seu camiño como creadora: practica a fotografía, o cinema, o deseño, a pintura, o cómic e tamén á literatura. Actualmente está a rematar o Ciclo de Ilustración na EASD “Pablo Picasso” de A Coruña. Esta é a primeira vez que participa na Chanfainalab.

Ana chegou a Sansa cun lixeiro equipaxe e mellor que o explique ela mesma: "Antes de nada é necesario facer saber que a autoría desta peza reside nun espécime de cabeciña de vento, tolai, barulleiro, de resabida torpeza en canto a trato se refire e que de moi cativo entrou no bosque para xa nunca máis saír del. Sabendo isto, un xa pode xustificar algo o feito de que decidise mergullar a lente na foresta de Narahío e Igrexafeita... pois qué se lle vai facer, malia a idea da curtametraxe tomou forma no mesmo intre no que quedou só no silencio e empezou a observar os actos dos compañeiros chanfainer@s. Dende a ruinosa torre, fun testemuña de coma un buzo recollía suposta droga no río, máis adiante toparíame con dous raparigos que gravaban sons no camiño, logo pasaría pola Casa Rural onda ollando entre os arbustos percibín un aparente afogamento na piscina e, de seguidas dende aló até o mesmísimo Forgoselo, daría pé a recadar lembranzas de vacas, cabalos, tabernas, tigres, labregas, landras e mesmo unha cadela correndo fugazmente tra-la súa pelota. Eran tantas cousas raras as que pasaban que... qué carallo¡, eu non só estaba tamén no mesmo barco de marabillosa tolemia senón que levaba pendurando un caixón do pescozo, unha cinta no brazo e unha corda no cinto. Deste xeito todo cadrou e o ideado durante o primeiro día de presentación xa encaixou harmoniosamente co visto os dous días seguintes de filmación. Cal fora a idea que prevaleceu segundo transcorría o tempo?. Sinceramente, a de dar valor e discurso aos feitos que acaecen de xeito factible e emocional ao longo do tempo.
Recoñezo que tiven algunha que outra dificultade na rodaxe, dado a que a miña cámara literalmente estoupou na habitación segundo lle metín a tarxeta á noite, polo que tiven que tirar toda a Chanfaina do teléfono móbil, pero tamén admito que se quizais non houberan acaecido os feitos deste xeito infortunado, o vídeo non me houbera quedado igual, nin por camiño nin por imaxe, porque non podería ter feito rodaxes introspectivas dentro do caudal do río grazas á funda atada cun xogo de cordeis. O son tampouco puido ser recollido como se quería dado á falta de compatibilidade do USB do micrófono profesional cos portos do móbil, así que, de novo o rudimentario fixo efecto e a gravadora básica do aparello salvoume o cu que, unida a unha extensa edición dixital, podería dar pé a unhas pistas filtradas e medianamente decentes. Sería na mesma posprodución onde o ordenador ficou colgado e pasou tempo ata arranxalo, así que ao final, e suando moito por un corte de luz na rúa na que habito no día anterior á definitiva entrega, si quedaría a obra pero non coa duración que esperaba. Polo menos conseguín sacalo adiante."


E Ana segue a describir a poesía visual de "Con ollos de xigantes" como unha fervenza desbocada, polo que pouco máis podemos engadir:" Recoñezo que nas miñas curtas non aparecen personaxes humanos, polo menos, aparentemente. Nun principio era por mor de que non tiña coñecidos que quixesen saír en plano, pero co tempo funlle collendo o gusto á vídeocreación e decateime que non era un compoñente estritamente necesario para facer unha peza decente,e que tamén existía un amplo repertorio de posibilidades para representar personaxes sen necesidade de velos de xeito corpóreo. Chámalle cultura popular, chámalle literatura, raciocinio, psicoloxía, antropoloxía.. etc., malia é certo que se unha reflexiona acerca das linguaxes non escritas quizais, e só quizais, poida reparar en que os seres humanos estamos rodeados de múltiples metáforas que algún máis ca outros teñen a finura de percibir. Exemplos? Miles. A pedra é historia, o que se grava na pedra, queda na pedra, e a pedra trascende o tempo ata a actualidade, formando os seus mesmos cimentos. Por ilo saco en toma un castelo. A auga é a vida, co seu nacemento, o seu caudal con máis ou menos turbulencias, os seus afluentes e a súa desembocadura. Por ilo decidín incluír o río. O vento leva todo tipo de voces, xa sexan en vida ou en morte, dende ecos de batallas pasadas ata sons de paxaros cantores na alborada do día que está por chegar. E así poderíamos seguir ata moi lonxe... Por todo isto, non precisaron os meus protagonistas un corpo, pois o entorno xa servía dun, necesitando tan só a narración dunha ánima que os ligara aos acontecementos. E qué mellor ánima que as fachendas que a imaxinación pode facer ver onde non hai nada... ou quizais téñao todo. Sinceramente, non sei se o espectador poderá percibir o verdadeiro cometido da curta, pero o que si podo recomendar como método para tentalo é pechar os ollos do enxeño coñecido e proceder a abrir os da intuición, os da lectura interior, desa ánima aínda sen tratar, eses Ollos de Xigantes... pois os xigantes non só representan unha crenza fantástica da inmensidade, senón que están coma todos os saberes que nos preceden e que tan só dependen do mesmo ser humano como público."
Fotografías de Cesar Galdo

  • "Con ollos de xigantes"

  • Ana Martínez na 6º Chanfainalab

  • Ana na sesión preparatoria da 6º Chanfainalab

  • Ana Martinez na prantación do castiñeiro da 6º Chanfainalab

  • Ana na "Eira de cineastas"

  • Ana Martinez c@s cineastas da 6º Chanfainalab

  • Ana na fotografía oficial da 6º Chanfainalab

  • Ana correndo para gravar un plano co seu equipamento

  • Ana Martínez, Jesús e Javier no fotocall

  • Ana entre o público na estrea da 6º Chanfainalab

  • Miguel de Lira axuda a Ana para falar polo micro

  • Ana Martínez entre @s cineastas da 6º Chanfainalab

  • Ana presentando "Con ollos de xigantes"

load

Comentarios

José López

2020-04-04 19:44:41

Jolín con la niña, é moito!

Máis imaxes

Temas: castelo de Naraio, Igrexafeita, Naraío, naturezas, ríos, vídeos, visitantes, Chanfaina'Lab

Autor/a: Ana Martínez

Vídeos:
"Auga"
"Penélope"
"Artístikos"

Compartir en: