Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

hortas


TEÑO UNHA HORTA EN SAN SADURNIÑO
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais. Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa

Combatir "a peste" dos tomates con leite

Ferreira, 2017

Aprende con Cruz cómo facer un fungicida caseiro con leite para protexer os tomates e outras plantas da horta dos ataques dos fungos (mildiu, oidio...), ou como lle chamamos en Galicia da "peste".

Combatir "a peste" dos tomates con leite

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: Ferreira, Horta de Cruz, Internet, labregos e labregas, muller, tecnoloxía, traballos, vídeos

Autor/a: Cruz Piñón Pereira

Compartir en: