Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

Iniciativas

Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.

Chanfaina'Lab

San Sadurniño, 2014

Durante a fin de semana do 6 ao 7 de setembro do 2014 celébrouse en San Sadurniño a 1ª Chanfaina’Lab, unha novidosa experiencia de creación audiovisual colectiva que tenta poñer en valor o territorio do concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as. A idea é sinxela: os participantes gravaron entre o sábado 6 e o domingo 7 unha película dunha duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural, a emigración, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, converteron a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras.
O nome de chanfaina alude a unha receita tradicional dos territorios de antigos señoríos, cando as partes "nobres " do animal entregábanselle aos Señores, mentres as vísceras e as partes mais pobres quedábanse na cociña dos labregos, coas que preparaban a denominada chanfaina, de grande tradición nas parroquias de Bardaos e Igrexafeita.
Entre os creadores/as que se achegaron á San Sadurniño coa súa cámara figuran autores/as relevantes do audiovisual galego como Alberte Pagán, Alfonso Zarauza, Angel Santos Touza, Ánxela Caramés, Beli Martinez, Felipe Lage, Guillermo Arias-Carvajal, Jaione Camborda, Juan Lesta&Belén Montero, Marcos Nine, Mario Iglesias, Otto Roca, Sonia Méndez, Victor Hugo Seoane, Xacio Baño, Xisela Franco, Xosé Manuel Sande, Xurxo Chirro ademais de autores/as de Ferrolterra como Pablo Portero, Miguel Noval, Cesar Galdo, Ary López, David Balado, Fer Patiño, ou Brais Breijo. O fotógrafo Gabriel Tizón fixo un seguemento visual e persoal do evento e Ana Lamas cociñou persoalmente a chanfaina ao "estilo Igrexafeita" para os/as participantes.
Así valoraron os/as creador@s a experiencia da Chanfaina'lab:

As xornadas foron organizadas pola concellaría de cultura do Concello de San Sadurniño e contou coa colaboración de Casa Outeiro, Hostal Carballo, Mesón A granxa, Muiño do Pepe e café Dzine.
O encontro de cineastas tivo unha especial relevancia en diversos medios estatais (El País, ABC), galegos ( Diario de Ferrol, La voz de Galicia, Sermos Galicia, El Correo Gallego, Noticieiro galego.com, Radio Galega), e locais (Ferrol 360º, Concello de San Sadurniño), así como nas plataformas do sector audiovisual galego: Agapi, CREA, Consello da Cultura Galega, Academia Galega do Audiovisual ou o MPXA. Asemade varios blogs e redes sociais fixéronse eco do evento como Ollaparo, Infogauda, Llave en mano e un longo etcétera.
A chanfaina'lab retornou a comezos do 2015 coa estrea dos filmes gravados en setembro. Podes ver todas as pezas realizadas aquí: Chanfaina’Lab
Algúns dos temas nos que matinaron os/as cineastas son estes:

Polo momento podes ver a fermosa promo realizada polo fotógrafo, director e xornalista Cesar Galdo:

  • Chanfaina'Lab

  • Chegada d@s participantes en Dzine (foto Galdo)

  • Saúdo do alcalde e o concelleiro de Cultura

  • Cineastas locais escoitando ao alcalde: Ary, David e Brais

  • Saíndo da casa do concello

  • Cineastas no Torreón do Pazo

  • Ns Xardíns do Pazo

  • Que ven a choiva...

  • Xuntanza coordenación na Aula Cemit (exame sorpresa)

  • Beli Martínez e Gabriel Tizón

  • Mario Iglesias dirixe a Xulia de Bardaos e Carlos Covelo no antigo cine Avenida

  • Icia e Jorge dirixidos por Xurxo Chirro

  • Rodaxe de Xurxo Chirro no antigo campo de fútbol

  • Tizón fotografía a rodaxe de Mario Iglesias

  • Experimentos coa luz solar de Otto Roca no camposanto de San Sadurniño

  • Sonia Méndez no micromundo do café-peluquería Santos

  • Experimento tenístico en super 8mm por X.M. Sande (con Zarauza, Angel Santos e Jaione Camborda)

  • A mirada de Cruz por Gabriel Tizon para a peza de Xisela Franco/ÁnxelaCaramés

  • Xisela Franco no Pico Ferreira

  • Ánxela Caramés no Pico Ferreira

  • Proxección do filme de Alberte Pagán no café DZINE

  • O xantar no mesón A Granxa

  • Susi, Fer, Carme, Alberte e Pablo no Hostal Carballo

  • Story board de Xurxo, improvisado no mantel do Muiño de Pepe

  • Grupo de "artistas" no xantar do Muiño de Pepe

  • Sansa de Xacio Baño

  • Imaxe promocional da Chanfaina por Cesar Galdo

  • Cartas de Conquista de Xurxo Chirro

load

Comentarios

fer

2014-09-16 22:48:05

la iniciativa más interesante en mucho, pero que mucho tiempo. Qué ganas de ver los trabajos :-)

maria

2015-01-22 22:06:33

non se poden ver os traballos do chanfaina lab me dice que o video e privado...como teño que facer para poder velos

Falame

2015-01-22 22:14:57

A estrea é mañán, vernes

Máis imaxes

Temas: cinema, creador@s, lecer, San Sadurniño (Concello), vídeos, visitantes, Chanfaina'Lab

Fotógrafo/a: César Galdo

Vídeos:
Promo Chafaina'lab 2014

Compartir en: