Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

Castro de Castrelo

Castrelo, Santa Mariña do Monte, 1

O castro de Castrelo está situado ao Norte do Concello de San Sadurniño, nas altas terras montesías denominadas antigamente "Monte", meseta chaira con numerosas mámoas megalíticas arredor de "Moimentos".
Poucos datos se teñen sobre iste asentamento que -xunto cos castros veciños da "Escoitadoira" e o de "Bardaos"- poderían ser centros agrogandeiros das serras altas, de excelente forraxe e caza abondosa. Mais tamén formar parte dun sistema de vixilancia e control dos camiños de San Andrés e das fragas que "protexían" aos "castros do Val de San Sadurniño", mais ao sur. Actualmente está moi deteriorado polos eucaliptos e silveiras que agochan os restos das súas murallas e a croa. Non moi lonxe do castro está a fonte e capela da Esperanza de gran tradición popular.
Baixa o documento cos datos básicos publicados en "Catalogación castrexa da bisbarra de Ferrol". Cadernos do Ateneo Ferrolán nº 5 (1987).

  • Castro de Castrelo

  • Murallas do castro de Castrelo

  • Recheo de pedras da muralla de Castrelo

  • Entrada do castro de Castrelo

  • Croa do Castro de Castrelo

  • Castro de Castrelo. Fotografía aérea 1956

  • Castros veciños de Castrelo e a Escoitadoira. Fotografía aérea 1956

  • Restos arqueolóxicos na parroquia de monte

load

Documentos:

Castro de Castrelo

Comentarios

Máis imaxes

Temas: lendas, patrimonios, Santa Mariña do Monte, castros, gandeiría

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: