Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

Castro da Escoitadoira

Escoitadora, Santa Mariña do Monte, 1

O castro da Escoitadoira está situado ao Norte do Concello de San Sadurniño, nas altas terras montesías denominadas antigamente parroquia de Monte, unha meseta chaira con numerosas mámoas megalíticas arredor de "Moimentos" polo sudoeste e un sistema de dous castros polo nordeste. No centro da parroquia ubícase a misteriosa fonte e capela da Esperanza de gran tradición popular.
Poucos datos se teñen sobre iste antigo asentamento humano que -xunto cos veciños castros de "Castrelo" e o de "Bardaos"- poderían ser centros agrogandeiros das serras altas, de excelente forraxe e caza abondosa. Mais tamén formar parte dun sistema de vixilancia e control dos camiños de San Andrés ou das fragas que "protexían" aos "castros do Val de San Sadurniño", mais ao sur. Actualmente está moi deteriorado polos eucaliptos e silveiras que agochan os restos das murallas e a croa. O seu nome alude ao control visual sobre todo o territorio da parroquia dende o cumio. Probamos polo tanto a rexistrar "o que se escoita dende a Escoitadoira" unha tarde de abril do 2015:

Baixa mais información no documento cos datos básicos publicados en "Catalogación castrexa da bisbarra de Ferrol". Cadernos do Ateneo Ferrolán nº 5 (1987).

  • Castro da Escoitadoira

  • Parroquia de Monte e restos arqueolóxicos

  • Os castros da Escoitadora e Castrelo en 1956

  • Castro da Escoitadoira en 1956

  • Castro da Escoitadoira xeral

  • Restos da muralla derruida na Escoitadoira

  • Entrada do castro da Escoitadoira

  • Muralla da escoitadoira

  • Castro de Escoitadora e Castrelo dende a Meseta de Monte.

load

Documentos:

O castro da Escoitadoira

Comentarios

Máis imaxes

Temas: castros, lendas, patrimonios, Santa Mariña do Monte, gandeiría, sons

Compartir en: