Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

Carlos García Romero e a maxia na pedra

Agra de Arriba, San Sadurniño, 2014

Carlos García Romero é un dos artistas de San Sadurniño máis coñecidos en Ferrolterra, onde é moi apreciado o seu traballo como decorador e artista en numerosos locais comerciais ou pezas escultóricas de diversa índole. Por medio da marca 2 Duendes, Carlos García e Marina Goti decoraron locais, pintaron murais, tallaron madeira ou poliespán, persoalizaron vehículos, e un sinfín de obras moi variadas que acreditan o seu talento artístico.
Podemos recoñecer algunhas das súas pegadas en San Sadurniño a través de colaboracións na revista Saturnal; na imaxe da Virxe de Belen, as pinturas da Biblioteca Municipal, os enormes murais da remodelada "Area recreativa de Currás", o Barco pirata do Mesón "A Granxa", a escultura do Guardián do bosque, a de Pinocho ou a imaxe da patrona Santa Isabel. Despois de amosar o seu pulo creador con soportes e materiais de todo tipo, dende o 2015 Carlos topou na escultura en pedra unha nova fonte de inspiración para desenvolver a súa creatividade artística, como "A marquesa" fronte ao café Atrium ou a deusa Navia ao carón do Xubia.
Nesta falada, Carlos debulla sobre a súa arte, a obra realizada e o proxecto artístico e vital para o futuro.

  • Carlos García Romero e a maxia na pedra

  • Obras en pedra

  • Carlos cunha das esculturas

  • Carlos e Marina

  • Unha nova obra en elaboración

  • Virxe de Belén

  • Mural na Biblioteca Municipal

  • Mural de 2Duendes na Biblioteca Municipal

  • Guardián do bosque

  • Pinocho de Carlos García Romero

  • Carlos e unha das súas criatuas

  • Carlos pintando o mural da area recreativa de Currás (2017)

  • Barco pirata ao carón do mesón "A Granxa"

  • Mural do campo de futbol

  • Mural do campo de futbol (2)

  • Mural do campo de futbol (3)

  • Mural do campo de futbol (4)

  • "A marquesa" fronte o café-bar Atrium.

  • Imaxe de Santa Isabel

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: creador@s, patrimonios, pintura, San Sadurniño (Concello), xente, vídeos, Escultura

Autor/a: Carlos García Romero

Vídeos:
Carlos García Romero e Buenafuente (2011)

Compartir en: