Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

Capela e fonte de Amido

Amido, Igrexafeita, 1

Algúns dos espazos patrimoniais mais suxestivos do Concello de San Sadurniño son os complexos fonte-capela espallados polas parroquias dende o principio dos tempos. Evocan santuarios precristiáns como o da Esperanza na parroquia de Monte, San Cristovo en Ferreira e Portela ou a ermida de San Marcos en Amido, Igrexafeita.
Encóntrase no leste de San Sadurniño, xusto no límite natural que o río Xuvia marca coas Somozas. Nun val suave e verde cheo de prados e construcións tradicionais aparece, xa de lonxe, a capela ao abrigo dunha árbore centenaria.
Segundo o párroco José María Ladra, a capela de Amido é unha das mais antigas do concello e calcula a súa orixe alá polo século VII. Aínda pódense ver estrañas pedras reutilizadas na base da ermida cunha misteriosa cabeza de serpe, un dragón ou quizais, o león que simboliza o santo evanxelista . O agochado Val de Amido, -palabra relacionada co millo- ao pé do castro do mesmo nome e do río Xuvia é, sen dúbida, un dos lugares mais máxicos do Concello. Ao carón da capela agroma unha fonte natural que corre polo nome de fonte de San Marcos. No campeiro da ermida celebrábase ata mediados da última década do século XX a romaría de San Marcos que festexaba o comezo da primavera -o 25 de abril- dende tempo inmemorial. No ano 2016 a comisión de festas de Igrexafeita organizou unha xornada festiva coa intención de recuperar esta romaxe popular.

  • Capela e fonte de Amido

  • Capela de Amido

  • Pedra reutilizada na cimentación

  • Fiestra lateral dereita

  • Fiestra lateral esquerda

  • Campeiro da capela de Amido

  • Fonte de San Marcos

  • capela dende o aire

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Capelas, castros, festas e romarías, Igrexafeita, naturezas, patrimonios, fontes

Compartir en: