Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Cabodano da morte de Francisco Franco

San Sadurniño, 1976

O xornal "La Voz de Galicia" publicou o 18 de novembro de 1976 esta esquela -pagada polo Concello- para conmemorar o primeiro ano da morte do ditador Francisco Franco. O acto relixioso celebrouse na igrexa parroquial de San Sadurniño, presidido polo moi franquista alcalde daquela, Santiago Secada, a corporación municipal en pleno e o "Consejo Local del Movimiento", ago así como a cúpula local do único partido legal durante o franquismo, no que militaban os falanxistas e franquistas convencidos de San Sadurniño. Por paradoxos da vida, a misa foi oficiada polo párroco Ramón Díaz Raña, coñecido cura progresista e antifranquista, quen un ano atrás sufrira un aparatoso rexistro da policía franquista na casa reitoral.

Cabodano da morte de Francisco Franco

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, Convento do Rosario, eventos, guerra, igrexas parroquiais, San Sadurniño (Concello), San Sadurniño (parroquia)

Compartir en: