Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Breixo"

Naraío e San Sadurniño, 2018

5ª Chanfaina Lab (10). Estrea venres, 19 de abril do 2019.
Dirección e montaxe: Javier Seoane
Guión: Javier Seoane e Kevin Lorenzo
Actores: Kevin Lorenzo, Ángela Arnosa, Carmen Couce, Carmen Bouza, Bieito Beceiro, Abel Vega, Melania Cruz, Tito Asorey e Suso López.
Sinopse:"Breixo é un mozo millenial que traballa arreo no campo a carón da súa avoa en Naraío. Tras anos namorado da súa veciña, unha mañá esperta coas forzas e as ganas de dicirlle todo o que sinte por ela, pero os seus plans vense truncados o recibir a noticia da famosa “fuxida de talentos” por parte dela para seguir formándose e estudando noutra cidade. Breixo é máis que unha historia de amor rural, Breixo é esperanza, inconformismo, poderío e maduración. Breixo representa a evolución e a loita polo que un realmente quere, sente e soña nun mundo onde os soños poden estar o alcance dun mesmo".
Duración: 5' 43''
Gravado en Naraío e San Sadurniño do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab.


Javier Seoane (Coruña,1991), comezou aos 13 anos a realizar pequenas curtas para festivais (Curtas na Rede, Teaserland, Youruvid..), ademais de gravar todo tipo de eventos, campamentos, actuacións musicais e graduacións escolares. Graduouse como Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos, mais non parou de asistir a numerosos cursos de formación no eido audiovisual, dende guión, iluminación, posprodución ou efectos dixitais. No 2012 foi mestre de Vídeo no colexio Liceo la Paz e pouco despois embarcouse na dirección, guión e montaxe de varias webseries como "Roces de Convivencia" ou -"Antolepsia" que foi seleccionada en varias edicións no festival de webseries Carballo Interplay e candidata aos Mestre Mateo en tres ocasións. Mais os miolos de Javier non acougan, desenvolvendo novos proxectos incesantemente. Actualmente anda embarcado nunha nova webserie co formato de falso documental, "Canto che quero".

Javier e o seu amigo e actor Kevin Lorenzo achegáronse a Chanfainalab convidados pola chanfaineira e veciña de Naraío Ángela Arnosa. Como experimentados creadores de webseries decatáronse axiña que a mellor opción para "cociñar" a súa peza era aproveitar os recursos que tiñan á súa disposición: "O feito de que Ánxela e Kevin fosen parella foi unha circunstancia decisiva para decidírnos a guionizar unha historia de amor ambientada nun entorno rural. Logo non fixemos máis que utilizar as marabillosas localizacións de San Sadurniño e aproveitar a presenza de actores e cineastas tanto locais como foráneos durante os dous días da Chanfaina para desenvolver unha comedia romántica nun contexto rural".

"Breixo" é unha peza de narración áxil e fresca que xoga cos códigos clásicos do xénero da comedia romántica e os actualiza con arrecendos ao xeito de Edgar Wright. Javier optimiza e xestiona intelixentemente o que ten a súa disposición durante a Chanfainalab: localizacións, actores e actrices, algúns de gran traxectoria como Melania Cruz ou Tito Asorey, mais tamén veciños e veciñas moi coñecidos do concello. A pesares da inevitable improvisación e o escaso tempo de gravación, o cineasta coruñés foi quen de artellar unha historia coral de amor e de humor con tintes cómicos e dramáticos. A peza terá un aderezo final na posprodución cunha montaxe rítmica e toques de estilo anime xaponés: ”Breixo nace como forma de reivindicar o que moitos millenials están a pasar e a vivir actualmente levado a un ámbito de “comedia romántica rural”. Traballos precarios, duros e diarios, onde a luz está sempre no amor e na esperanza dun futuro mellor, pero o medo e a conformidade pola situación fan que as forzas por saír fiquen debilitadas, e a propia loita quede estancada.." Así pois, desta volta reláxense e gocen con esta peza resultona e divertida; estamos diante da primeira comedia romántica da Chanfainalab e da historia de San Sadurniño.
Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón.

  • "Breixo"

  • Javier Seoane na Chanfainalab

  • Kevin Lorenzo na Chanfainalab

  • Javier e Kevin no inicio da Chanfainalab

  • Kevin documentándose

  • Javier e Kenin cos chanfainer@s

  • Kevin e Javier de paseo por San Sadurniño

  • Kevin e Javier na fotografía oficial da 5ª chanfainalab

  • Ángela, Kevin e Javier na Eira de cineastas

  • Ángela, Javier e Kevin e na Eira de cineastas

  • Javier e Kenin flipando cun plano

  • Javier iluminando

  • Javier e Kenin coa cámara. Ao fondo Suso López

  • Javier e Kevin gravando "Breixo"

  • Con Suso López e Andrés Goteira

  • Gravando a Suso López e Tito Asorey

  • Ángela e Kevin na fervenza de Naraío

  • Imaxe de "Breixo". Kevin Lorenzo

  • Javier e Kenin con Melania Cruz

  • Javier e Kenin con Maruja, Carmen e Ángela Arnosa

  • Javier e Kenin coa figuración local en San Sadurniño

  • Javier e Kenin con Suso López, Tito Asorey e Andrés Goteira

  • Amigos entrando na Casa da Cultura de San Sadurniño

  • Na estrea mundial da 5ª chanfainalab

  • Kevin e Javier presentando "Breixo"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Naraío, San Sadurniño (parroquia), visitantes, vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: Javier Seoane

Vídeos:
"Antolepsia".Teaser oficial
"Antolepsia". Serie completa (13 capítulos)
"Canto che quero" teaser oficial
"Roces de convivencia". Serie completa

Compartir en: