Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

“Beleza do verán”

Silvalonga, San Sadurniño, 2015

2ª Chanfaina'Lab (4). Estrea venres, 11 de marzo do 2016
Directora: Mar García
Actor: Daniel Vilela
Produción: Irene Romero
Sinopse: "Lémbrome do monte onde nunca estíven, no que a beleza só podía ser escuridade, no que era unha pranta simple e inocente."
Duración “Beleza do verán”: 4’. "Cara B": 2'
Gravadas nos días 5 e 6 de setembro do 2015 no lugar de Silvalonga, dentro do programa da Chanfaina' Lab.



A cineasta realizou outra peza "Cara B" complementaria de "Beleza de verán."


Con só vinte anos, a ferrolá Mar García é a cineasta máis nova da 2º Chanfaina Lab. Estudante no 3º Curso da ESCAC de Barcelona, actualmente está a especializarse en Documental. Mais a pesares da súa xuventude, Mar García xa leva varios anos amosando o seu talento e creatividade no blog Eu, no que publica habitualmente poemas, fotografías e fragmentos de vídeos nos que amosa unha desbordante imaxinación e sobre todo, unha mirada poética moi persoal sobre o seu redor. Algúns dos seus vídeos podemos miralos na súa canle de You tube.

Mar García chegou a San Sadurniño sen idea preconcibida, mais coa lixeira equipaxe dunha frase de Shakespeare: “a beleza do verán morreu antes de que ti naceras”. Viña tamén coa teima de atrapar o espírito do final do verán, cun punto de partida moi impreciso, o paseo do actor Daniel Vilela polos bosques do arredor de Silvalonga: “Eu pretendía contar o nacemento, morte e resurrección da beleza nos días finais do verán nun videopoema. Hai un plano longo -eixe do filme- que semella un enterro, mais en realidade é o nacemento dunha flor, que simboliza ademais a fermosura do verán, da natureza e tamén a beleza de Dani, o actor protagonista”
Así pois, “Beleza de verán” e "Cara B" son como haikus visuais que pretenden levar a nosa mente a través da imaxinación cara “o sobrenatural da beleza que produce emoción”. Un universo surreal, onde prima o onírico e o simbólico, que nos invita á ensoñación poética da plenitude do verán, mais tamén a experimentar sensacións da vida, unha das constantes na traxectoria da novísima e prometedora cineasta Mar García.

  • “Beleza do verán”

  • Mar García

  • Irene Romero e Daniel Vilela no bosque de Silvalonga

  • Mar García en San Sadurniño preparando a Chanfaina 2015

  • Irene Romero e Mar García no xantar da Chanfaina

  • O actor Daniel Vilela en "Beleza do verán"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, vídeos, visitantes, San Sadurniño (parroquia), naturezas

Autor/a: Mar García

Compartir en: