Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Bardaos 1752

Bardaos, 1752

A mediados do século XVIII, baixo o reinado do rei ilustrado Fernando VI, o Secretario de estado e ministro de Facenda Zenón de Somodevilla, Marqués da Ensenada, promoveu a realización dun inventario e censo completo da riqueza do país. O proceso consistía en interrogatorios en base a corenta preguntas sobre os habitantes, propiedades territoriais, edificios, gandos, cultivos, oficios e rendas en máis de 15.000 cidades, pobos e aldeas da Corona de Castela. Pasou á historia como Catastro de Ensenada e foi a primeira tentativa realizada en España para inventariar o potencial socioeconómico do país, tendo como obxectivo a implementación dun "imposto único do catastro", mais que non chegará a aplicarse pola oposición da nobreza a pagar ningún tipo de imposto. A procura dos datos do catastro en San Sadurniño tivo lugar entremaio e xullo de 1752. O mozo de BardaosBieito Beceiro Fernández, estudante de 2º BAC no IES “Concepción Arenal” de Ferrol evoca neste vídeo a entrevista correspondente á parroquia de Bardaos.


Mais o interrogatorio do Catastro de Ensenada correspondente a Bardaos tivo lugar o 5 de xullo de 1752 en Cedeira, xa que daquela, Bardaos estaba baixo da súa xurisdición e os seus case 120 labregos das 31 casas habitadas da parroquia pagaban rendas á XII Condesa de Lemos, que daquela era a afamada Rosa María de Castro y Centurión, aínda que tamén pagaban a décima parte do que producían á Igrexa da Diócese de Mondoñedo.
A historiadora Margarita Sánchez evoca neste audio as duras condicións de vida en Bardaos a mediados do século XVIII segundo os datos do Catastro de Ensenada.



Aqui tedes unha ligazón aos documentos orixinais do Catastro que nos permitirán facer unha viaxe no tempo ata o Bardaos do século XVIII e descubrir aspectos interesantes dos devanceiros da parroquia; ademais, en Documentos podes descargar un texto cos datos transcritos e resumidos do libro de Margarita Sánchez: "Historia de San Sadurniño ata a metade do século XVIII" editado pola Deputación de Coruña no ano 2016.

Bardaos 1752

Documentos:

Bardaos no Catastro de Ensenada

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Bardaos, estatísticas, labregos e labregas, muiño, vídeos

Autor/a: Margarita Sánchez Yáñez

Compartir en: