Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

Asociacións

Asociacións do pasado e do presente de San Sadurniño nas sete parroquias.

Asociación Cultural, Recreativa e Medioambiental "Bidueiro"

Marques de Figueroa, San Sadurniño, 1995

A Asociación Cultural "Bidueiro" foi o referente mais relevante do acontecer cultural de San Sadurniño desde 1995 ata a disolución no ano 2012. Unha das súas primeiras iniciativas foi a loita contra os vertidos contaminantes da empresa “El cisne” mediante campañas de concienciación e limpeza das beiras do Xuvia e diversas accións ecolóxicas. Mais durante os anos seguintes, dende a Asociación organizáronse numerosas actividades de todo tipo: cursos, teatro, proxeccións, excursións, celebracións do Entroido ou Nadal, ata o deseño inicial da ruta do río Aceiteiro. A iniciativa máis duradeira no tempo foi a Feira da plantación, que aínda segue a realizarse o último domingo de abril. A idea inicial era a recuperación da feira tradicional que deixara de facerse a fins da década de 1960. No 2015 celebrou a súa XX edición.
Regina Cinza e Pepe Gudín falannos da historia, obxectivos e actividades desta dinámica Asociación.



Axuntamos a colección case completa das revistas editadas co gallo da Feira da plantación. Polo momento podes descargar as editadas na VII edición (2002), VIII (2003), IX (2004): X (2005), XII (2007), XIII (2008), XIV (2009), XV (2010), XVI (2011) e XVII (2012) con mais información sobre esta singular iniciativa, agora realizada polo Concello de San Sadurniño.

  • Asociación Cultural, Recreativa e Medioambiental "Bidueiro"

  • Logotipo da Asociación Cultural "Bidueiro"

  • Primeiro entroido no ano 1995: Moros e cristianos

  • Entroido 1996: Oeste americano. Participaron máis de 100 persoas e gañaron varios premios.

  • Entroido 1996: Oeste americano. Participaron en Ortigueira, As Pontes e San Sadurniño.

  • Entroido 1997: Circo Bidueiro.

  • Entroido 1998: Batussi. Concursaron en Cedeira.

  • Entroido 1999: Xitanos. Gañaron o primeiro premio en As Pontes e interpretaron a canción feita para a ocasión.

  • Entroido 2000: Revolución Francesa, con cañón e guillotina... Desfilaron en Neda e Ferrol.

  • Entroido 2000: Revolución Francesa.

  • Entroido 2001: Coro de gospel. Concursaron en Ferrol.

  • Entroido 2002: Rusos. Concursaron en Cedeira e San Sadurnino. Foi o último ano das celebracións de entroido de Bidueiro.

  • Limpeza dos vertidos contaminantes do río Xuvia.

  • Excursión a Bares. Maio 1998.

  • Belén vivinte: anos 1997-1998.

  • Escena do belén vivinte.

  • Os beléns vivintes foron moi visitados.

load

Documentos:

VII Feira da plantación (2002)
VIII Feira da plantacion (2003)
IX Feira da plantación (2004)
X Feira da plantación (2005)
XIII Feira da plantación (2008)
XIV Feira da plantación (2009)
XV Feira da plantación (2010)
XVI Feira da plantación (2011)
XVII Feira da plantación (2012)
XII Feira da plantación (2007)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: asociacións históricas, conflitos, eventos, naturezas, ríos, San Sadurniño (Concello)

Autor/a: Xosé López Gudín

Compartir en: