Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

As pinturas de Igrexafeita

Torre, Igrexafeita, 1490

A Igrexa parroquial de Igrexafeita probablemente edificouse sobre dun santuario precristián. Aínda fican restos do seus tempos como edificio altomedieval e románico. Como marcaba a tradición, durante o século XV a igrexa pintouse por enteiro con frescos alusivos á Asunción da Virxe que se ían renovando cada pouco. Mais cara finais do século XVI, as pinturas das igrexas cubríronse con cal porque críase que transmitían a peste. Os frescos de Igrexafeita agocháronse tras dun retablo barroco que ao parecer fora realizado polo artista local Juan Pardo de Lamas no 1755. Aí estivera ata que no ano 2002 o párroco José María Ladra descubriu que detrás do retablo achábase un verdadeiro tesouro pois aínda estaban alí as pinturas medievais, que os expertos dataron nos séculos XV e XVI. No ano 2007 realizouse unha primeira restauración a cargo da investigadora María Gavín.
Neste audio, María, restauradora natural de San Sadurniño, cóntanos a historia das pinturas e o proceso de restauración desta auténtica marabilla, aínda descoñecida para moitos veciños e veciñas de San Sadurniño. O cartaz da 2º Chanfainalab inspirouse nesta fermosa obra medieval..

  • As pinturas de Igrexafeita

  • Pinturas antes da Restauración

  • Pinturas despois da restauración

  • Apóstolos da esquerda antes da Restauración

  • Grupo de apóstolos da esquerda restaurados

  • Detalle apóstolos da esquerda

  • San Xoán

  • Grupo de apóstolos da dereita

  • Santo Tomas( mirando á dereita)

  • San Pedro

  • Parte central: xarrón con lirios

  • Deus pai e ascensión da Virxe

  • Deus-pai na bóveda (antes da restauración)

  • Asunción da Virxe (antes da restauración)

  • Asunción da Virxe (despois da Restauración)

  • Altar maior de Igrexafeita

  • Cabeceira de Iglexafeita

  • Igrexafeita. Interior

  • O gran segredo de Igrexafeita.lVG 9.10.2002

load

Documentos:

"Pinturas murais de Igrexafeita". María Gavín Merlán

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Igrexafeita, igrexas parroquiais, patrimonios, pintura, creador@s, Biscordel

Autor/a: María Gavín Merlán

Compartir en: