Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"As Aventuras de Marcelino e Clemente"

Bardaos e Lamas, 2019

6ª Chanfaina Lab (8). Estrea: domingo 22 de marzo do 2020
Dirección e montaxe: Catalina Rodríguez Rico
Cámara: Pablo Martínez e Catalina Rodríguez
Actores: Carmen Couce, Catalina Rodríguez, Jaime Rodríguez e Noa Cortizas.
Sinopse:"Marcelino e Clemente son dous amigos que deciden ir un dia de pesca e atopan unha sorpresa"
Duración: 6' 13''
Gravada na Area recreativa de Bardaos e Bar Castrillón de Lamas durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2019 dentro do programa da 6ª Chanfainalab.


Catalina Rodríguez (Lamas, 2004) estuda 4º da ESO no CPI de San Sadurniño. Aos seus 15 anos é unha moza inqueda, moi afeccionada á natureza, nomeadamente aos cabalos que lle apaixonan. Tamén gusta da música, estuda 3º no Conservatorio e toca aceptablemente ben a guitarra e o piano. Neste curso andivo por Finlandia cun Erasmus. Realizou o ano pasado a súa primeira e fermosa curta, “A rapaza que borboriñaba aos cabalos”

Catalina participou activamente nesta edición da Chanfaina, asistindo aos obradoiros de montaxe (Sandra Sánchez) e fotografía 3D (Anxo Santomil); asemade colaborou con outr@s cineastas: encargouse do son de "A casa soñada" de Eloy Arnosa e formou parte do reparto de "Qué pasou?" ou "Un ninguén máis" de Ángela Anosa. O punto de partida desta moza de 15 anos para a 6º Chanfainalab tamén agroma da súa vocación cinéfila: “A idea xurdiu un día que estaba vendo a televisión e anunciaron que esa noite íase proxectar “La vida de Pi” e decidín facer unha parodia sobre a película. Contei coa axuda do meu irmán Jaime e a nosa amiga Carmiña como intérpretes principais, porque entre eles hai unha gran complicidade e xuntos son o non vai máis. Tamén, contei coa colaboración da miña amiga Noa que fixo de tigre, coa miña avoa Maruxa, sempre alentándome a facer cousas creativas e Pablo que me axudou a gravar e logo a montar a curta".

"As Aventuras de Marcelino e Clemente” é un xogo que transforma as augas do bravo océano que aparece no filme parodiado, nas augas inocentes dun regato de Bardaos. Notase que a equipa de rodaxe pasouno ao grande: "O día da rodaxe pasámolo moi ben, foi moi divertido.Espero que vos guste e que vos divirtades coma nos aquel día." Realizada cunha gran sinxeleza, a cámara desta novísima cineasta de Lamas vai na procura do esencial, nunha celebración do cinema como diversión e xogo compartido coa xente que quere a esta moza madura, sensible e creativa: a familia e @s amig@s, entre eles, Pablo, Carmiña e a súa avoa Maruxa. Catalina danos unha lección de optimismo, humanidade e amizade verdadeira, para seguir pensando, en definitiva, que a vida pode ser marabillosa. Bravo Catalina.¡¡¡
Fotografías de Cesar Galdo

  • "As Aventuras de Marcelino e Clemente"

  • Catalina Rodríguez Rico

  • Catalina na sesión preparatoria da 6º Chanfainalab

  • Catalina, Pablo, André e Bieito

  • Pablo e Catalina

  • Catalina na foto oficial da 6º chanfainalab

  • Jaime Rodríguez e Pablo

  • Catalina no obradoiro de montaxe de Sandra Sánchez

  • Catalina e os seus colegas no obradoiro de Anxo Santomil

  • Pablo e Catalina en 3D

  • No curso de fotografía en 3D

  • Anxo, con Cata, Jaime e Cesar Galdo

  • Catalina na "eira de cineastas"

  • Catalina e a súa cámara

  • Marcelino e Clemente

  • Equipo de rodaxe ao completo

  • Catalina no xantar da 6º Chanfainalab

  • Catalina coa súa avoa e as súas amigas

  • Jaime, Carmiña e Cata

  • Catalina na premiere mundial da 6º Chanfaina

  • Catalina e @s cineastas da 6º Chanfainlab

  • Catalina Rodríguez na estrea de "As Aventuras de Marcelino e Clemente"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: creador@s, Lamas, nenos e nenas, vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: Catalina Rodríguez Rico

Vídeos:
"A rapaza que borboriñaba aos cabalos"

Compartir en: