Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Arrolo"

Outeiro (San Sadurniño), 2018

5ª Chanfaina Lab (17). Estrea venres 7 de xuño do 2019. (Copia non definitiva)
Escrita e dirixida por Lucía Estévez.
Reparto: Melania Cruz, Olivia Álvarez e Irene García.
Axudantía de dirección de Tito Asorey.
Vestiario de Renata Uzal.
Cor de Leticia T. Blanco .
Deseño sonoro: Javi Pato de La Panificadora Estudios.
Sinopse: "Ninguén arrola aos maiores. Durante o día grava a súa rutina en cintas de casete. Durante a noite, escoita e viaxa a través da memoria e o imaxinario."
Duración: 13' 50''
Gravada na Casa Outeiro (San Sadurniño) do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab.


Lucía Estévez (Vigo, 1994) cursa o grao en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e realiza un Erasmus á Universidade Católica de Porto (Portugal), onde investiga no ámbito da creación artístico-plástica. Dende 2015 traballa en longametraxes, curtametraxes e publicidade, como auxiliar de cámara en proxectos profesionais como "María (y los demás)", "Cuerpo de élite" e "Trote". E noutros como script: "Arima", a multipremiada "Matria" ou a serie de TVE "Antes de Perder". Ao mesmo tempo, estuda e investiga na formación persoal en guión e dirección de actrices e actores en cine e teatro. En 2017 recibe a axuda de AGADIC para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, pola súa curtametraxe "Sendeiro" e nos últimos dous anos a vida de Lucía foi un sen parar en numerosos proxectos de cine, danza, música e teatro. No 2018 recibe o premio "María Luz Morales" ao mellor videoensaio galego por "Muller Personaxe".

Lucía chegou a San Sadurniño cos deberes feitos, armada cunha idea definida e arroupada por unha gran actriz e mesmo un máis que eficiente axudante de dirección, ambos ademais sacaron tempo para colaborar na peza "Breixo" de Javier Seoane: "A idea de "Arrolo" nace a partir dun interese por contar unha historia co corpo e a imaxe, sen texto, nunha pescuda por tratar de responder cuestións sobre de que maneira o pasado incide no noso presente. Cando eu era cativa, escoitaba contos en cintas de casete polas noites. A narración sonora dos contos axudoume a non ter medo e poder durmir coa luz do corredor acesa. Co paso dos anos, deixei a un lado as cintas pero inconscientemente apareceron de novo durante os meus procesos creativos os últimos anos. Por ese motivo, quixen adicar unha peza exclusivamente á idea de escoitar os recordos. A construción sonora é fundamental. O traballo de Javi Pato no deseño sonoro conseguiu construír, de cero, unha atmosfera acorde á historia. As respiracións, os movementos da actriz, os tactos na parede, o son da cinta: todo está construído a posteriori da rodaxe. Creo pertinente louvar o traballo de todo o equipo, que me acompañou en todo momento por construír xuntos esta historia. E defendo, do mesmo xeito, a necesidade de narrar coa imaxe, esquecer os diálogos, traballar a memoria e o imaxinario persoal nos proxectos de ficción".

"Arrolo" é unha peza claustrofóbica e por veces perturbadora, na que a novísima cineasta viguesa afronta riscos narrativos utilizando o espazo sonoro como un elemento impresdindíbel do relato. Lucía aposta ademais pola complicidade creativa coa súa actriz, implicándose mutuamente na procura de ecos ou voces da memoria nun espazo pechado e atemporal e cunha posta en escena construída entre a rodaxe-proceso e a improvisación planificada: "Os obxectivos desta peza son construír coa escoita. Unha muller pechada nun cuarto. O motivo non importa, non é necesario comprender se é un encerro ou non, nin por que está aí nin dende hai canto. O importante é o retrato desa rutina que se repite día tras día, na que parece que buscase unha maneira de achegarse a ela mesma, de comprender mellor o seu presente, da man da súa nena interior. O traballo interpretativo da man de Melania Cruz permitiu que eu como directora e realizadora puidese xogar. Cada día da ficción se planificou en plano secuencia, deixando á interprete un espazo de pescuda e liberdade para xogar." Así pois, a prometedora cineasta seguiu un dos mandamentos do espírito da Chanfainalab, a experimentación e a procura da mirada propia, como un fito máis desa filmografía persoalísima que está a desenvolver a cineasta de tan só 24 anos, Lucía Estévez. Temos que informar que esta copia é un "work in progress", unha copia aínda non definitiva ata a súa posprodución final durante o verán do 2019, no que inicia o seu periplo por festivais.
Como non puido asistir á estrea da Chanfainalab na Casa de Cultura de San Sadurniño enviounos este videosaúdo dende Madrid:

Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón.

  • "Arrolo"

  • Lucía Estévez na 5ª Chanfainalab

  • Lucía, Tito, Manolo e Melania na chegada á Chanfainalab

  • Melania e Tito -ao fondo- na charla introductoria á Chanfainalab

  • Melania Cruz no primeiro día da chanfainalab

  • Tito Asorey no primeiro día da chanfainalab

  • Tito e Suso na expo da Chanfainalab

  • Chanfaineir@s vendo a expo da Chanfainalab

  • Chanfaineir@s na sesión de introdución á Chanfainalab

  • De turismo por Sansa

  • Na plantación do castiñeiro da 5º chanfainalab

  • O equipo de "Arrolo" na foto oficial da 5º chanfainalab

  • O equipo de "Arrolo" c@s chanfainer@s da 5º Chanfainalab

  • Andrés, Suso e Melania na presentación de "Dhogs"

  • Lucía Estévez na "Eira de cineastas"

  • Na gravación de "Arrolo"

  • Tito analizando a posta en escea

  • Lucía e Melania cómplices

  • Tito Asorey currando en "Arrolo"

  • Na gravación de "Arrolo" (2)

  • Melania Cruz en "Arrolo"

  • Na gravación de "Arrolo" (3)

  • Na gravación de "Arrolo" (4)

  • Lucía repasando as notas de guión

  • Melania nun descanso da gravación

  • Lucía Estévez na premiere mundial de "Arrolo"

  • Melania Cruz concentrada

  • Lucía Estévez e as demais (nenas)

  • Lucia gravando a poschanfaina

  • Tito Asorey desfrutando coma un neno

  • Na postchanfaina, mais Lucía non pode deixar a cámara

  • Lucía Estévez profe de cine en primaria

  • Dous grandes: Lucía Estévez e Abel Vega

  • Tito Asorey en "Breixo"

  • Melania Cruz cos directores de "Breixo"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: muller, nenos e nenas, San Sadurniño (parroquia), vídeos, visitantes, Chanfaina'Lab

Autor/a: Lucía Estévez

Vídeos:
"Sendeiro"
"Muller Personaxe"
"Naufragio"

Compartir en: