Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo, brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

Área recreativa de Lamas

Lamas, 2002

No mes de maio de 2015 a aula Cemit impartiu en Lamas un curso de "Fotografía dixital" no que as alumnas e alumnos percorreron a parroquia para fotografiar e dar a coñecer lugares con valor ou encanto especial. Éstas son as fotos quitadas polas persoas participantes neste curso da fermosa área recreativa.
A área recreativa de Lamas é unha zona de lecer ao carón do río Xuvia inaugurada no ano 2002 polo alcalde Constantino Bedoya.
Fálannos deste lugar: Carmen Bouza Muiño, Mercedes Durán Teijeiro, Carmen Couce Picos, Carmen González Piñón e Pura González Piñón .

  • Área recreativa de Lamas

  • Acceso á área recreativa

  • Zona do río

  • Merendeiro

  • Río da área recreativa

  • O río rodea toda a zona recreativa

  • Zona para facer o churrasco

  • Vedado de pesca

  • O río onde darse un refrescante baño

  • Un lugar en plena natureza

  • Indicador á zona recreativa

  • Alumnado do curso quitando fotos

  • Pura quitando fotos

  • Gelis no río

  • Gelis, Mercedes, Carmen e Carmiña

  • José, Maruxa, Carmen e Carmiña retratando o río

  • Manuel retratando a natureza de Lamas

  • Carmiña concentrada no río...

  • Gelis e Carmiña moi atentas ás fotos

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Lamas, lecer, naturezas, paseos, ríos, roteiros

Autor/a: Carmen Bouza Muiño

Compartir en: