Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo, brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

Area recreativa de Currás

Currás, San Sadurniño, 2016

A área recreativa de Currás está situada ao pé do Campo de fútbol e a Piscina Municipal de San Sadurniño. A área recreativa naceu na década de 1990, nos tempos do alcalde Constantino Bedoya, como espazo de lecer e esparcemento dos veciños. A piscina inaugurouse no 1998. Co tempo fóronselle engadindo melloras, como o cespede artificial (2016), e a remuda completa das instalacións (finais de 2016 e inicios de 2017), co obxectivo de dotalas de máis equipamento, mellorar a súa accesibilidade e potenciar o seu uso como espazo de lecer durante todo o ano. Unha cancha multixogos, un pequeno campo para botar pachangas a fútbol ou a volei, a redistribución das barbacoas e a rehabilitación dos vestiarios da piscina, compoñen a maior parte das actuacións dun proxecto co que se persegue converter a área de Currás nun lugar que se poida usar durante todo o ano e, especialmente, na primavera e mailo verán.
Asemade o gran artista local Carlos García Romero realizou un gran mural -30 metros de longo por 6 de alto- na parede do campo de fútbol.

Area recreativa de Currás

Comentarios

Máis imaxes

Temas: deporte, fútbol , lecer, naturezas, paseos, pintura, San Sadurniño (Concello), vídeos

Compartir en: