Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Antonio Cibreiro Pérez, alcalde

Loibas, Bardaos, 1902

Alcalde de San Sadurniño (1902-1905)
Antonio Cibreiro Pérez nacera en Monte en 1847, mais casou e viviu toda a vida en Bardaos-As Loibas. Fillo de Manuela Pérez e José Cibreiro Fernández(1810-1889), o home mais poderoso de Monte, quen xa fora concelleiro en 1850, 1854, 1861, 1863, 1868, 1869, 1874 e 1875. Mais tamén era neto de Antonio Cibreiro, concelleiro nos primeiros anos do Concello de San Sadurniño en 1843. O seu irmán Manuel Cibreiro Pérez tamen será concelleiro en 1904.

Antonio Cibreiro Perez era labrego, un pequeno propietario con terras de seu. Aos 25 anos casou con María Juana Canosa López de Bardaos e tiveron dous fillos, José María e Manuel, que emigraron a Cuba. Un deles non retornará nunca. En 1873 xa era o alcalde de barrio de Bardaos; no 1878 xa era concelleiro da corporación municipal e axiña converterase nun dos maiores contribuíntes de Bardaos (1888).
Antonio volve a entrar no Concello en 1894 como Síndico baixo da alcaldía conservadora de Antonio López. O mesmo cargo que ocupará co alcalde seguinte, José María Díaz Rodríguez. O día 1 de xaneiro de 1902 é nomeado alcalde aos 54 anos. Os seus compañeiros de corporación serán practicamente os mesmos de anos anteriores: José Luís Sanjurjo, 1º tenente de alcalde, (Lamas); José Gil Picos, 2º tenente de alcalde, (Agra); Tomas Cobelo Fernández, Síndico, (Lamas); Manuel Picos Barro, suplente síndico; Antonio Castro Varela, (Ferreira); Juan Fernández Calvo (Monte); Pedro López Díaz, (Monte); Juan García Anca; José Casal Novo (Ferreira); Manuel Romero Merlán. En 1904 entrarán algúns concelleiros novos como Manuel Romero Merlan (2º tenente); Angel García Fernández, Síndico, (San Sadurniño); o seu irmán Manuel Cibreiro Pérez; Luís Pérez Fernández e Jesús Pena Fernández. O anterior alcalde, José María Díaz Rodríguez será nomeado recadador municipal. O médico do Concello é José Goyanes

O orzamento de 1902 foi de 17.472 ptas, das cales só o Secretario municipal Eugenio Bañobre cobra máis de 2.000, é dicir, un 13% do orzamento municipal. Ademais moitos meses "completa" a nómina con gratificacións especiais -de ata 500 ptas- “por acumulación de trabajos por las tarifas de formación de los repartimientos de la contribución municipal”, a pesares de contar coa axuda de Enrique López Sixto, cuñado do anterior alcalde, como "escribiente temporal". Algúns subministros do Concello non se mercan a determiñados comerciantes locais como Luís Loureiro Pita, vello inimigo do equipo que goberna o Concello dende 1894 . En definitiva, o funcionario conservador Eugenio Bañobre é o auténtico "cerebro" e cacique local da corporación municipal de San Sadurniño ata a súa marcha "forzada" en 1910.

O 17 de maio de 1902 coróase oficialmente o novo Rei Alfonso XIII, ao alcanzar a maioría de idade con 16 anos. Acto seguido o Concello mercará un par de retratos -25 ptas cada un- para presidir o salón de plenos. Nos primeiros anos do seu reinado, Alfonso XIII viaxará por toda a península co obxectivo de popularizar a súa figura e a monarquía. No verán de 1904 achegarase a San Sadurniño para presentar os seus respectos á marquesa Natividad Quindós en 1904. A inminente visita real convulsiona á Corporación municipal, que se achega en pleno ata o Pazo dos Duques da Conquista para recabar información. Tamén no Pazo están a realizar reformas para acoller ao ilustre hóspede. Porén, o Concello -a través do secretario Bañobre- visita ao Gobernador para solicitar unha subvención, acadando a promesa de 1.000 ptas para festexar doadamente a SS.MM. A confirmación de que o Rei visitará San Sadurniño comunícase mediante bombas de palenque nas sete parroquias, único xeito “de que se enteren los vecinos por lo diseminado del distrito”.
A visita do monarca adolescente producirase na tarde do 27 de xullo de 1904 e suporá un momento de gloria para o alcalde Antonio Cibreiro, como se reflicte na sesión municipal de 5 de agosto: “El ayuntamiento acordó expresar su satisfacción por el bien gusto demostrado por el alcalde Cibreiro y el secretario Bañobre en los actos del recibimiento del rey”. Meses despois o Concello manifesta o seu pesar polo falecemento da Princesa de Asturias María de las Mercedes de Borbón y Habsburgo-Lorena en novembro de 1904 e en sinal de duelo levantouse a sesión.

Nos anos da alcaldía de Cibreiro, o Pazo de San Sadurniño comeza a se converter nunha referencia galaica para a aristocracia española e os políticos conservadores da órbita do Marqués de Figueroa. Abonda comprobar a listaxe de visitantes de 1902,1903 e 1904 para comprobar que todos eles son monárquicos convencidos e defensores do Maurismo. San Sadurniño é daquela un feudo leal ao político Marqués de Figueroa. O lider do Partido conservador e presidente do goberno Marcelo Azcárraga será un dos politicos que Antonio Cibreiro terá ocasión de saudar persoalmente na súa visita de 1903

Porén, neses anos comeza a artellarse a oposición ao goberno que controla o poder municipal con prácticas caciquís dende 1894, no tempo de Antonio López. Entre eles figuran o comerciante local Luís Loureiro Pita, pequenos propietarios de terras e labregos das parroquias e o novo notario "republicano" García de Quevedo. A sua muller, Purificación Mañanós, participa na Xunta local de instrución. O seu irmán, o pintor liberal Asterio Mañanós visita con regularidade San Sadurniño todos os veráns. En 1908 agromará a asociación labrega "La Moralizadora", que será a oposición electoral a este grupo de veciños que mangonea o Concello dende 1894.
O día 1 de xaneiro de 1905, Antonio Cibreiro -con 57 anos- abandona a alcaldía. O concelleiro e seguinte alcalde Ángel García fai constar "el disgusto que le produce la marcha del alcalde Antonio Cibreiro por el acierto que tuvo en el difícil desempeño de su cargo durante los dos bienios que lleva al frente del mismo coadyuvando de un modo eficaz a la buena administración, que le hizo acreedor a la simpatía general de todos los vecinos sin distinción de matices, y pide por lo tanto se le tributen las mas expresivas gracias, La corporación municipal por unanimidad cree deber de justicia demostrar su reconocimiento por su plausible proceder y altruismo demostrado en el cumplimiento de los deberes de su cargo y desde luego le transmite su mas expresivo voto de gracia, lamentando que deje de pertenecer a la corporación. El Sr Cibreiro visiblemente emocionado contestó a los señores concejales que le agradecía en el alma las demostraciones de afecto que le hacían en este acto.-.... etc cuyos honores cree inmerecidos, por cuanto en el desempeño de su cargo de alcalde desde el 1 de enero de 1902, no hizo otra cosa que ajustarse estrictamente al cumplimiento de sus deberes cooperando en ello sus compañeros de corporación Abandono esta casa después de llevar en ella como concejal y alcalde más de once años satisfechísimo después de dejar perfectamente normalizada la administración municipal que en caótico y desastroso estado se encontraba en 1894 según es notorio.
Antonio Cibreiro vivirá como labrego e pequeno propietario nas Loibas, falecendo o 14 de febreiro de 1914 aos 64 anos.

  • Antonio Cibreiro Pérez, alcalde

  • Casa familiar de Antonio Cibreiro nas Loibas

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Alcaldes de San Sadurniño, Bardaos, San Sadurniño (Concello), xente, Santa Mariña do Monte

Compartir en: