Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Alfonso XIII en San Sadurniño (2): 1909

San Sadurniño, 1909

O 25 de xullo de 1909, arredor das cinco e cuarto da tarde, o rei Alfonso XIII , acompañado polo xefe do goberno español Antonio Maura , achegouse por segunda vez ao Pazo dos marqueses de San Sadurniño, onde foi agasallado cunha refinada merenda-cea amenizada pola rondalla “Airiños d'a miña terra" baixo a batuta do Sr Pampín. A visita real foi coidadosamente organizada pola Duquesa Natividad Quindós. O Concello, presidido por Ángel García Fernándeztamén participa nos festexos "levantando un arco de triunfo frente al pazo y en la noche del 25 una velada con iluminación a la veneciana amenizada por un baile de música". Todo elo costará 383 pesetas ás arcas municipais.
O rei durmirá nas suntuosas habitacións do Pazo, convenientemente arranxadas para esta ocasión especial. Xustamente pola tardiña chegaron telegramas coas primeiras novas da Semana Tráxica de Barcelona que provocaría unha grave crise institucional e o comezo do desprestixio da monarquía alfonsina. Quizais foran eses os “asuntos urxentes” que o Rei despachou nunha xuntanza de crise co Presidente do goberno, un pouco despois da unha da madrugada, nun salón do pazo de San Sadurniño. Por un día, o epicentro político da España da restauración situouse ás beiras do río Xuvia.O rei regresará a San Sadurniño en 1927.
Despois da estadía real, os marqueses de San Sadurniño viaxaron ata Santiago para gañar o xubileu e visitar a Exposición rexional co galo do Ano Santo compostelán.
Descarga a crónica da visita publicada en “El eco de Galicia” (27/7/1909) e a satírica reseña da revista local Pumariño (1977)

  • Alfonso XIII en San Sadurniño (2): 1909

  • Alfonso XIII en San Sadurniño? Arquivo municipal de San Sadurniño

  • Visita a Compostela (Diario de Galicia, 7-8-1909)

  • Alfonso XIII despois de pernoctar en San Sadurniño, entrando en Ferrol pola Porta nova

load

Documentos:

O pazo dos duques da conquista
Alfonso XIII en San Sadurniño (1909)
A viaxe do rei segundo na revista "Pumariño" (1977)
Historia de "Airiños da miña terra". 1917

Comentarios

Máis imaxes

Temas: coches, Pazo da Marquesa, visitantes, San Sadurniño (Concello), música

Autor/a: Manuel González Álvarez

Vídeos:
Semana Tráxica de Barcelona

Compartir en: