Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Alfonso XIII e a raíña Victoria Eugenia en San Sadurniño (3): 1927

1927

O venres 23 de setembro de 1927 os reis Alfonso XIII e Victoria Eugenia -de visita oficial a Galicia- achéganse a San Sadurniño para tomar o té coa, xa viúva, Duquesa da Conquista que ten daquela 66 anos e non pasa polos seus mellores momentos tras das desgracias familiares de 1922 e 1926.
Alfonso XIII desembarcara no peirao de Ferrol no buque "Jaime I" esa mesma mañá, nun día morriñento no que non parou de chover. Despois do xantar en Ferrol, sobre as 7 da tarde, chegará ao Pazo da Marquesa en automóbil por terceira vez, tras das visitas realizadas en 1904 e 1909. O seu fillo Alfonso, o príncipe de Asturias, aínda regresará a San Sadurniño tres anos despois. Para Natividad Quindós será unha honra especial contar coa presenza da Raíña Vitoria Eugenia, xa que participara activamente na súa voda en 1906, cando era “Camarera mayor” da raíña María Cristina e xestionaba numerosas actividades da casa real na corte madrileña.
A recepción foi multitudinaria. Moitas xentes das parroquias non quixeron perder a ocasión de veren aos Reis de España de preto. Os nenos a as nenas viñeron dende as escolas de San Sadurniño para ter a ocasión de "achegarse á realeza". Mantiñan unha gran pancarta coa frase "Los niños de San Saturnino rinden homenaje a los augustos monarcas". A banda de música de Ortigueira amenizaba a recepción. Os festexos custáronlle ao Concello 700 pesetas. No patio do Pazo actuou o Coro “Toxos e Froles”. Parece ser que os Reis ficaron impresionados pola agrupación ferrolana. Segundo Alfonso XIII "era lo mejor que había escuchado en su clase". Alí mesmo aceptaron a Presidencia de Honra da entidade e a Duquesa de la Conquista o de "socia de honor". Meses despois, o 1 de febreiro de 1928, outorgoulle o título de “Real” que é como aínda segue chamándose a día de hoxe á histórica coral.
A poetisa Dores Tembrás recolle o ronsel agridoce daquel día no poema "A ponte da marquesa". Tamén naquel día aconteceron algunhas anécdotas que reflicten a estadía dos reises en San Sadurniño.
Descarga a crónica completa da estadía en Ferrol segundo o ABC ou as crónicas xornalísticas de "El Compostelano" e "El Regional". Na foto, os Reis en Coruña no ano 1927

  • Alfonso XIII e a raíña Victoria Eugenia en San Sadurniño (3): 1927

  • Real Coro "Toxos e froles" de Ferrol

  • Portada da Voz de Galicia sobre a visita real

  • Portada da Voz de Galicia sobre a visita real (2)

  • Portada da Voz de Galicia sobre a visita real (3)

  • Os reis en San Sadurniño segundo La voz de Galicia

  • Visita real en El correo Gallego (24.7.1927)

load

Documentos:

Estadía dos Reis en Ferrol segundo o ABC (24/9/1927)
Alfonso XIII en San Sadurniño, 1927 (3)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: visitantes, San Sadurniño (Concello), Pazo da Marquesa, música

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: