Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

Iniciativas

Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.

Actividades no claustro

San Sadurniño, 1975

Dende a chegada a San Sadurniño en 1971, o maxín inquedo do párroco Ramón Díaz Raña non deixou de argallar iniciativas de todo tipo para dinamizar a adormecida vida cultural e asociativa de San Sadurniño naqueles tempos difíciles do final da ditadura franquista.
O lector interesado poderá topar aquí unha morea de exemplos da súa incesante e xenerosa actividade a prol do empoderamento de homes e mulleres sen importar ideoloxías, clase social ou relixión. Na historia que nos envía dende Cáceres, Ramón volve a debullar nas súas lembranzas con prosa humanista, amena e retranqueira. Nesta ocasión o escenario do relato será o claustro do Mosteiro do Rosario do que o noso párroco "bo e xeneroso" maniféstase "namorado". Polo texto deambulan tamén moitos veciños e veciñas daquela aínda moz@s. Non se perdan os cobizosos proxectos de Ramón para revitalizar un dos edificios patrimoniais máis relevantes do concello. A historia comeza así:

"Remanso de paz o claustro do Mosteiro. Unha gozada pasear por el. Namoroume. É pobre, humilde, de medidas humanas, acolledor … Xamais protestou polas feas operacións estéticas que sufriu: os frades tapando fiestras, os arquitectos do Concello esnaquizando sen piedade gran parte delas, e este argalleiro abrindo con pouco xeito unha entrada no muro sur. Él seguía ofrecendo paz e silencio. O meu namoramento non tardei en demostralo...".
Continuar lendo a historia.

Na fotografía Ramón - no centro- nunha das xuntanzas do grupo "Boa Nova" formado por cregos de Ferrolterra na sala parroquial do mosteiro do Rosario.

  • Actividades no claustro

  • A "Madre Marina" na Sala parroquial de San Sadurniño

  • O claustro do mosteiro de San Sadurniño

  • O patio do claustro do mosteiro de San Sadurniño

load

Documentos:

Actividades no Claustro por Ramón Díaz Raña

Comentarios

Máis imaxes

Temas: asociacións históricas, conflitos, Convento do Rosario, igrexas parroquiais, San Sadurniño (Concello), xente, visitantes

Autor/a: Ramón Díaz Raña

Compartir en: