Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

escolas

O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas

"A través do tempo"

Ferreira, 2019

6ª Chanfaina Lab (24). Estrea: martes 7 de abril do 2020
Directora: Noemi Caneiro
Colaboración: Luís Fernández e Isabel Caaveiro
Sinopse:"Unha adolescente conta a historia e o presente das escolas indianas de Ferreira a través das lembranzas dos seus avós".
Duración: 12'.44"
Gravada en Ferreira durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2019 dentro do programa da 6ª Chanfainalab.


Noemi Caneiro (Ferreira, 2003). Aínda que vive en Ferrol, a súa familia é orixinaria da parroquia de Ferreira. É unha moza inqueda a quen lle gusta moito ler e escribir, a fotografía e nomeadamente todo o relacionado con calquera práctica artística. Actualmente estuda 2º de Bac de Artes no IES “Concepción Arenal" de Ferrol. Neste ano, con 16 anos participou por vez primeira na Chanfainalab.

Noemi decidiuse a participar na Chanfaina sobre todo pola súa vinculación emocional con Ferreira, a terra dos seus avós maternos: ""A través do tempo" non é a peza que nun principio quería que fose. Cando comecei a traballar nela, ía ter unha estrutura e historia moi distinta, pois o que en verdade quería, era explicar a historia dunha parella e dúas familias de Ferreira do século XX. Sen embargo, no canto diso, rematei mostrando a historia das Escolas dos indianos e de cómo os nenos xogaban e vivían no tempo dos meus avós. A miña avoa relatoume decenas de historias de cando era unha nena, mais tiven que coller tan só un par delas, e con iso, editar a curta tal e como pode ver agora. O meu avó, pola súa parte, informoume do que lle sucedera á escola de abaixo (Seara). Tiven moita sorte, pois aínda que a escola da Seara agora é un centro de actividades do concello, a escola de Leiriña seguía nunhas condicións insospeitablemente boas para o tempo que lle pasara por enriba. Son consciente de que non teño o mellor son, nin as mellores imaxes, pero iso non creo que sexa o importante. Para min, o importante é a historia, o relato do tempo pasaxeiro narrado por dúas persoas tan divertidas e interesantes, Luís Fernández e Isabel Caaveiro, os meus avós maternos. Por iso, aínda que a peza teña algúns problemas, para min é das miñas favoritas porque está feita dende o corazón".

"A través do tempo" xoga coas testemuñas en primeira persoa para rexistrar o devalar do tempo vivido por dous avós e a súa neta. Adivíñase o tempo feliz compartido entre eles, polos ollos amorosos de Isabel cando mira á súa neta coa cámara: "Para min os meus avós son parte importante da miña vida e quería ter unha lembranza deles mentres compartían unha actividade comigo e recordaban os seus anos de cativos. Ese valor emocional é para min o máis importante, transmitir as vivencias doutras persoas que viviron antes que nós" . Un documental emocional que afonda na raizame familiar en espazos vividos e hoxe case abandonados. Narrado por seres que son coma cápsulas do tempo e que nos permiten entender mellor o presente. Un debut prometedor desta novísima participante na Chanfaina que, de seguro, seguirá afondando no devalar da parroquia de Ferreira en sucesivas edicións.
Fotografías de Cesar Galdo

  • "A través do tempo"

  • Noemi Caneiro na 6º Chanfainalab

  • Noemi na sesión preparatoria na Casa do Concello

  • Noemi na prantación do castiñeiro da 6º Chanfainalab

  • Noemi na foto oficial da 6º Chanfainalab

  • Noemi na proxección de "Hamada" de Eloy Domínguez

  • Noemi na "Eira de cineastas"

  • Noemi no palco de música de Ferreira

  • Noemi Caneiro en Ferreira

  • Noemi no xantar da Chanfainalab

  • Noemi entrando na Casa de Cultura de Sansa

  • Noemi e Ana Martínez entre o público da 6ª Chanfainalab

  • Noemi c@s cineastas da 6ª Chanfanalab

  • Noemi recibindo a súa "Lola Chanfaineira"

  • Noemi Caneiro na estrea de "A través do tempo"

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: creador@s, emigración, escola, Ferreira, nenos e nenas, vídeos, xente, Chanfaina'Lab

Autor/a: Noemi Caneiro

Vídeos:
El número 43.
El miedo en un cigarrillo.

Compartir en: