Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

A saga López Sisto

Agra, 1901

Andrés López Pouso (1837- 26/11/1929) e Jacinta Sisto Romero (1842-22/6/1932 ) conformaron unha das sagas familiares mais relevantes de San Sadurniño:
Andrés López Pouso era fillo de Pedro López e Ventura Pouso, labregos en Orjales. Aparece como concelleiro e persoalidade influinte en varias corporacións no século XIX (1875), depositario de fondos municipais (1883); recadador e delegado de Facenda municipal (1889-1900) e xuíz municipal na primeira década do século XX. A súa muller Jacinta era filla do alcalde Antonio Sisto e Berta Romero. O matrimonio tiña un comercio e a casa familiar en Agra e terá oito fillos: Manuel, Vicenta, Dolores, Manuela, Avelino, Antonio, María e Elena. Moitos deles con gran relación coa emigración, porque mantiñan intereses en Cuba.

1) MANUEL LÓPEZ SISTO. (1873-1929). Comerciante, Administrador da Marquesa de San Sadurniño (1918-1926) e xuiz municipal arredor de 1928. Casou con Victorina Loureiro (1873-1920) e terán sete fillos que conforman a saga López Loureiro.
2) VICENTA LOPEZ SISTO. (1873-1960). Viuva de Angel García Fernández, alcalde (1906-1909). Deixará seis 6 fillos: Albina, Angel, Adelina, Angeles, Enrique e Pilar García López. Vivía en Agra.
3) DOLORES LOPEZ SISTO (1876 -1949) Casada con Avelino Romero Valcarcel. Deixa 2 fillos: Marina e Guillermo Romero López
4) AMELIA LOPEZ SISTO (1877)
5) MANUELA LÓPEZ SISTO (1879- 21/8/1919). Casada con Manuel Rico Vigo. Terán 4 fillos: Tomas, Andrés, Clotilde e Maria Rico López
6) ELENA LOPEZ SISTO. (1881-1960). Casada co comerciante de Monte Jose Cabada Fraga. Deixa unha filla, Clotilde Cabada López.. .
7) AVELINO LÓPEZ SISTO (1882-1931). En 1902 está na Habana e retorna para facer o servizo militar. Casado con Virginia González García. En 1924 será nomeado alcalde de San Sadurniño, mais terá que abandoar o cargo por razóns familiares en 1928 e retornar a Cuba. Morre tres anos despois.
8) ANTONIO LÓPEZ SISTO (1886- 1955). Industrial e "axente executivo" da facenda provincial en 1913. Xuiz municipal en 1919. Vicesecretario de Unión Patriótica en 1924. Mais coa chegada da 2ª República é un dos socios fundadores da Asociación Agraria Socialista. Ingresa como militante no PSOE en 1935, polo que será multado tras da sublevación militar de 1936. Xestionará un comercio na Avda do Marqués de Figueroa. Casado con Secundina Fernández Alonso,deixa un fillo, Cesar López Fernández, que será alcalde de San Sadurniño (1979-1983)
9) MARIA LOPEZ SISTO
10) ENRIQUE LOPEZ SISTO, escribinte no Concello arredor de 1903
Na fotografía, casa familiar dos López Sisto

  • A saga López Sisto

  • A familia de Manuel López Sisto en 1918

  • Manuela López Sisto en 1918, un ano antes de falecer.

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: familias, San Sadurniño (parroquia), xente, Sagas

Compartir en: