Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo, brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

A pena dos bois

Forgoselo, Naraío, 2000

Marcial Rodríguez fálanos deste lugar singular no Forgoselo, no concello de San Sadurniño.

  • A pena dos bois

  • O curro na pena dos bois

  • A pena dos bois no Forgoselo

  • Unha das penas e Marcial

  • Cercado do curro

  • Entrada ao curro da pena dos bois

  • Vista desde a pena dos bois do parque eólico do Forgoselo

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Igrexafeita, naturezas, paseos, roteiros

Autor/a: Marcial Rodríguez Goti

Compartir en: