Fálame de San Sadurniño

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

test

A nova Casa do Concello

O Casal, San Sadurniño, 2014

O 2 de xullo do ano 2014 acadábase un fito na historia de San Sadurniño. O emblemático edificio histórico do Pazo da Marquesa pasaba a converterse oficialmente na Casa do Concello de San Sadurniño.
O Pazo da Marquesa é un dos monumentos mais sobranceiros do Concello. Foi o solar do Señorío de San Sadurniño fundado en 1526 e posteriormente convertido en "Marquesado de San Saturnino" dende 1688. O edificio actual foi remodelado a comezos do século XX por María de la Natividad Quindós, "VII Marquesa de San Saturnino, duquesa de la Conquista, marquesa de Gracia Real, marquesa de los Palacios, condesa de Cumbres Altas e vizcondesa de la Frontera". Durante o século XX o pazo e os seus refinados bosques e xardíns -case 100 hectáreas- foron visitados por viaxeiros ilustres, entre eles Alfonso XIII, membros da aristocracia española, políticos conservadores, ademais de escritores e artistas da corte de Madrid. En 1953, á morte da Marquesa, o pazo pasou a mans da orde relixiosa "Hijas de Cristo Rey" e transformado en colexio e hospicio ata o seu peche a comezos do século XXI.
O concello de San Sadurniño tal e como o entendemos hoxe, nacera ao comezo da Rexencia de Maria Cristina, aló por 1835. O primeiro alcalde foi Miguel Vastida. Nun principio a actividade municipal desenvolveuse nunha casa do Agra, ata que en 1863 -sendo alcalde Justo Álvarez Sierra- a Casa Consistorial instalouse no Convento do Rosario, onde permañecerá case 150 anos.
Tras varios anos de negociacións e intentos fallidos, o Pazo foi cedido oficialmente ao Concello en novembro do 2010. As obras de reforma comezaron ao ano seguinte. Ao fin, en xuño do 2014 inaugúrase oficialmente a nova Casa do Concello. Ademais, durante 2015 comezou a funcionar unha escola infantil "As roladas" e no 2017 o "Centro municipal de empresas", un viveiro de empresas, ambalasdúas no edificio anexo do antigo Pazo. O actual alcalde, Secundino Garcia Casal, fálanos deste fito histórico de San Sadurniño.

Resumo do acto de inauguración

Tamén podes escoitar o programa especial "Voces de Galicia" emitido por Radiovoz desde San Sadurniño co gallo da inauguración da nova casa consistorial. O programa -de 2 horas de duración- conduciuno a xornalista Antía Díaz e realizouse no patio do edificio o día 2 de xullo de 2014, festivo local de Santa Isabel.

Video no que se repasa a transformación do antigo pazo da marquesa na nova Casa do Concello, inaugurada en xullo de 2014

Dende a inauguración da nova casa do concello os plenos grávanse en audio. Podes escoitalos aquí.
En setembro do 2014 Xurxo Chirro filmou no pazo a curta "Cartas de Conquista"" dentro do programa da Chanfaina'lab

A nova Casa do Concello
A nova Casa do Concello
Imprimir | Ampliar

Todas as imaxes:

Comentarios

juanma

2015-04-29 15:23:43

teño moitos recordos do pazo da marquesa d san sadurniño. moito corrin por os xardíns da marquesa, xa que vin de pequeno as monxas a escola. pa min e un orgullo,y sastifación. que casa do pobo fora aquí.

Máis imaxes

Temas: patrimonios, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), vídeos

Autor/a: Secundino García Casal

Fotógrafo/a: César Galdo

Vídeos:
Obras de rehabilitación da nova Casa do Concello
Solta de cría de curuxa
O novo Pazo do Concello
Inauguración oficial da nova Casa do Concello
"Cartas de Conquista"