Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

A Marquesa vende as terras de Meiras

Meirás, Valdoviño, 1925

Tras varias intentonas, no verán de 1925 Misael Prieto García (1879-1935), párroco de Meirás e Natividad Quindós, marquesa de San Sadurniño chegaron por fin a un acordo de venta que consolidará definitivamente o proxecto de Sindicato Católico Agrícola e Gandeiro do cura de Meirás (Valdoviño).
O villalbés Misael Prieto fora nomeado párroco de Meiras en 1913, substituíndo ao seu tío Baltasar Prieto. De seguida D. Misael pon en marcha diversos plans para mellorar a vida dos seus feligreses. Son tempos de axitación e conflictividade social ao máximo coa Primeira Guerra Mundial e a Revolución Rusa encirrando o desexo de xustiza social. A emigración a América é a única saída para os labregos da contorna. Unha das teimas do cura Misael será a creación dun Sindicato Católico que contrapoña a influenza crecente dos sindicatos de clase en Ferrolterra, nomeadamente socialistas e anarquistas.
No 1918 crea o Sindicato Católico de Meiras; agroma logo a Caixa rural, o economato, a escola, mércase un semental e contrátase ao veterinario Antonio del Castillo, mais o proxecto sindical do párroco de Meirás atopa unha enorme dificultade para asentar: apenas quedan terras libres na parroquia e os prezos son disparatados. A única posibilidade para que o proxecto medre, pasaría por convencer á marquesa Natividad Quindós, recén viúva , para que venda as grandes propiedades que posúe na parroquia de Meirás.
Tras da cesión do pazo de Baltar en 1910, as terras –a meirande parte improdutivas- que circundaban o Pazo, xa non son rendibeis para a Marquesa, polo que chegará a un acordo con D. Misael para venderlle 2.318 ferrados de monte, 180 de labradío, 40 de prado de regadío e 2 casas. Os terreos ubícanse no Monte Campelo e a Cubeta. E ao parecer, o prezo acordado foi de 80.000 pesetas da época. Estas novas terras do Sindicato venderanse aos novos colonos un par de anos mais tarde por 150.000 ptas. D. Misael xa pode desenvolver o seu sono que perdurará ata hoxe na Cooperativa de Meirás.
"En Meiras houbo festa larga o dia da cesión. Unha salva de bombas anunciou aos veciños a nova". Pola súa banda, no verán dese mesmo ano, a marquesa merca un flamante coche Panhard matrícula 16.782.
Para coñecer a historia completa, descarga o documento "A duquesa, o cura e o Sindicato de Meirás" escrito por Ángel Ignacio Fernández González.

  • A Marquesa vende as terras de Meiras

  • Fundadores do Sindicato Católico de Meirás (1918)

  • Un Home social (Ideal 25/8/1925)

  • Un Home social (Ideal 25/8/1925)-2

  • Panhard 1925

  • O Sindicato e a negociación coa marquesa (Ideal Gallego-16-12-1922)

load

Documentos:

A duquesa, o cura e o Sindicato agrario de Meirás

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Pazo da Marquesa, outros lugares

Compartir en: