Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

A Marquesa no Senado

Madrid, 1906

A comezos de 1906, a popularidade da VII Marquesa de San Sadurniño e Duquesa da Conquista está nun dos seus mellores momentos. A raíña María Cristina acaba de nomeala “camarera mayor de la Reina madre” xestionando a "axenda oficial" na nai de Alfonso XIII. Dende 1903 o seu marido, Francisco de Asis Arias-Dávila, Conde de Cumbres Altas, ingresara no Senado por Segovia, como gran propietario, seguindo a tradición familiar porque o pai fora xa Presidente da cámara Alta e o seu sogro senador vitalicio. Por suposto todos son pro-monárquicos, moi católicos e militan no partido conservador de Antonio Maura.
Os marqueses ocupan o estrato mais elitista da sociedade española neste ano no que asisten en lugar preferente á accidentada voda do rei Alfonso XIII. Outro exemplo da súa influencia na corte real nestes días, será poñer de moda a marca Loewe en España, así como a súa presenza constante nos xornais conservadores madrileños.
Neste cadro pintado por Asterio Mañanós quedou inmortalizado o momento de gloria, mais tamén a ideoloxía dos marqueses de San Sadurniño. Reflicte a relaxada sesión do Senado español o 20 de marzo de 1906, na votación que aprobou a Lei de xurisdicións pola que determiñados dereitos civís quedaban baixo da xustiza militar, un día triste para os demócratas porque supoñía un recorte brutal ás liberdades públicas, como denunciou enérxicamente Miguel de Unamuno.
No cadro podemos ver ao presidente do senado José López Domínguez e o presidente do goberno liberal Segismundo Moret defendendo a Lei nun Senado de maioría aristocrática econservadora. No palco de invitados recoñecemos a varias das asiduas visitantes nos veráns de San Sadurniño: a Marquesa de Squilache; a filla do Marqués de Esteban Collantes, saudada polo seu pai dende abaixo; a Marquesa de San Sadurniño (con sombreiro azul); a Marquesa de Almaguer, que conversa co seu irmán o Duque da Conquista e a Duquesa de Bailén sentada no estremo dereito. Todas elas elegantemente ataviadas e tocadas con amplos sombreiros, celebrando alegremente a aprobación da histórica e antidemocrática Lei.
O pintor Asterio Mañanós visitará con certa frecuencia San Sadurniño entre 1900 e 1912 por motivos familiares.
O cadro pertence a colección de arte do Senado español.

  • A Marquesa no Senado

  • A marquesa na revista "Nuevo Mundo" (1906)

  • A marquesa coa Raiña María Cristina na revista "Nuevo Mundo" (xaneiro de 1908)

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Pazo da Marquesa, visitantes, pintura, Señores de San Sadurniño

Autor/a: Manuel González Álvarez

Vídeos:
Lei de xurisdicións. 1906

Compartir en: