Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

A lenda do Pico de Ferreira

Pico de Ferreira. Ferreira, 1


Pico Ferreira é un dos fitos paisaxísticos e máxicos do Val de San Sadurniño. A lenda que nos conta Cruz Piñón ten base real. No alto do Pico existiu unha igrexa adicada a San Vicente que aínda estaba en pé no ano 1125 cando foi doada ao mosteiro de Xuvia polo seu propietario, o gran señor feudal Pedro Froilaz.
Mais aquela igrexa fora construída sobre dun lugar de culto precristián aínda mais antigo, da relixión dos habitantes dos "castros do Val de San Sadurniño", como pode acreditarse polas sorprendentes tradicións célticas que se celebraban cada 25 de maio no cumio do Pico, poñendo velas nas quebras e fendeduras da "cama do santo". Ao cume acudían enfermos de distintas doenzas -de moas, verrugas, feridas, etc- e a tradición era dar cinco voltas arredor do sartego mollando a parte dorida do corpo na auga da pileta. Outra tradición era a de introducirse no sartego de pedra para as dores de moas. Tamén levábanse animais ou se facía un ritual para convocar ao santo pedindo a curación:

"Ai, San Pelaio, San Pelaio
ai San Pelaio vendimino
dame o ben para o maio
que eu traereiche o meu trigo"

Pico Ferreira tamén aparece formando parte da mítica Terra de Escandoi de Rámón Loureiro. A existencia de restos de edificios -ademais de tégulas e un muiño de man- no Pico, ven acreditada no artigo "Misterio no Pico de Ferreira" (" Pumariño", febreiro 1977), que podes descargar mais abaixo. As obras da carretera ao Pico Ferreira remataron o a finais de xaneiro de 1975. Na 2º Chanfaina lab (2015) o colectivo "Con Suma Conciencia" actualizou a lenda no filme O meigo mouro do repetidor".

  • A lenda do Pico de Ferreira

  • San Vicente encadeado

  • Paisaxe dende o Pico Ferreira

  • Vista dende o Pico de Ferreira

  • Tumba de San Vicente

  • Ruta do Pico de San Vicente de Ferreira

  • Pico Ferreira en 1956

  • A artista e directora Xisela Franco na cama do Santo

  • O maxestuoso Pico Ferreira

  • Solución á dor de moas. LVG.22.1.1994

load

Documentos:

Misterio do Pico de Ferreira (1977)
As tradicións célticas do Pico San Vicente (1999)
"A cama do santo". La voz de Galicia 18-8-1998

Comentarios

Máis imaxes

Temas: castros, Ferreira, lendas, naturezas, patrimonios, igrexas parroquiais

Autor/a: Cruz Piñón Pereira

Fotógrafo/a: Carmen Suárez

Vídeos:
“O meigo mouro do repetidor”

Compartir en: